
Nese encontro a representante da Consellería do Mar constatou que Galicia concentra arredor da metade dos proxectos aprobados, uns 400, e da execución orzamentaria realizada no conxunto do Estado ao abeiro dos GALP con máis de 25 millóns de euros investidos desde 2016.
Este tipo de xuntanzas, que a Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG Mare) e os responsables de Farnet manteñen con cada un dos estados membros que contan con estratexias para impulsar o desenvolvemento das zonas costeiras, serve para expoñer o labor realizado ata ese momento e para informar das actuacións previstas de cara ao futuro. Neste sentido, a representante do Executivo galego comprobou que Galicia é a comunidade española con máis proxectos aprobados, desenvolvidos e con maior nivel de execución orzamentaria, que se sitúa no 60%.
O encontro tamén serviu para analizar a incidencia da alerta sanitaria polo coronavirus no desenvolvemento dos proxectos dos GALP e as medidas adoptadas para facer fronte a esa situación. Neste sentido, Susana Rodríguez trasladou que a comunidade galega inxectou máis de cinco millóns de euros de liquidez aos GALP desde o pasado 15 de marzo mediante o pago de axudas vencelladas a distintas iniciativas e que tamén aprobou nos últimos meses tres proxectos de cooperación entre distintos GALP da comunidade.
En canto ás actuacións para facer fronte ás consecuencias da crise económica derivada da covid-19, a representante do Executivo galego salientou a campaña de promoción de consumo dos produtos do mar Queda na casa, queda co noso mar, promovida de xeito conxunto polos oito GALP de Galicia. Esta iniciativa tiña como obxectivo animar á sociedade a consumir produtos pesqueiros para agradecer ao sector o seu labor durante o confinamento como esencial para subministrar alimentos de calidade á cidadanía. Trátase dunha campaña única a nivel nacional pois houbo experiencias semellantes noutras comunidades, pero non desa magnitude nin que supuxese a cooperación de tantos GALP.
Por iso, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro destacou a importancia que ten o labor dos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento económico e social de Galicia e para afrontar situacións complicadas como a derivada da alerta sanitaria polo coronavirus. Nese sentido, asegurou que os GALP galegos seguen a traballar para levar a cabo os seus proxectos e favorecer a expansión económica da súa contorna.
Os GALP e Farnet
Os grupos de acción local do sector pesqueiro son asociacións sen ánimo de lucro compostas por entidades que representan os intereses socioeconómicos locais públicos e privados dentro da súa zona de influencia. Así, actualmente Galicia conta con oito grupos: Golfo Ártabro Norte, A Mariña Ortegal, Costa da Morte, Seo de Fisterra-Ría de Muros e Noia, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra, Ría de Vigo-A Guarda e Golfo Ártabro-Sur.
Mentres, a Rede Europea de Zonas de Pesca (Farnet) é un organismo da Comisión Europea para asesorar na implantación das medidas europeas para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, dentro do marco do eixo 4. A entidade celebra cada ano unha reunión das autoridades de xestión deste eixo do FEMP co obxecto de apoialas na súa posta en marcha a través dos GALP e intercambiar experiencias, entre outras cuestións.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.