
O director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo M. Lorenzo, destacou a calidade das obras incluídas na exposición durante a rolda de prensa de presentación celebrada hoxe. Na mesma tamén participaron o comisario da mostra, así como Agar Ledo e Pedro de Llano, membros do grupo de traballo que organizou a exposición.
En concreto, forman parte da colección pezas de Esther Ferrer, Fernanda Fragaterio, Isabel Garay, Dora García, Menchu Lamas, Jac Leiner, Luz Lizarazo, Eva Lootz, Alicia Martín, Susan Philipsz ou da prestixiosa artista norteamericana Dana Birnbaum. De feito, o título da mostra fai referencia a unha obra de Birnbaum que se inspira nunha superheroína concibida orixinalmente para os cómics pero que chegou a protagonizar unha serie de televisión de éxito nos 70.
Así pois, cada unha das pezas de Wonder Women mostra os cambios profundos rexistrados no mundo da arte contemporánea a través dunha escolma representativa de artistas mulleres que non só abordan temas como o feminismo ou cuestións vinculadas con debates de xénero, senón que tamén analizan problemas estéticos ou construtivos. A colección está concibida como un instrumento en constante crecemento e un instrumento de debate sobre a necesidade de establecer novas narrativas máis plurais e inclusivas, poñendo de relevo o papel das mulleres na historia.
Medidas contra a covid-19
A exposición Wonder Woman é a primeira que bota a andar no Centro Galego de Arte Contemporánea e na cidade de Santiago tras a crise sanitaria. A exposición poderá visitarse con todas as garantías de seguridade contra a covid-19. Neste sentido, a capacidade do centro estará limitada ao 75%, haberá dispensadores de xel hidroalcólico a disposición dos visitantes e só se permitirán visitas de grupos de ata 15 persoas, sen cita previa.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.