Archivo (6 del 2020)

Buscador

Noticias

A Cidade da Cultura pon en marcha a 'Escoliña de Merlíns e Morganas', un campamento de maxia virtual dirixido á cativada de entre 8 a 12 anos e impartido por Pedro Volta, un dos ilusionistas galegos máis internacionais. A formación e inscrición será por quendas semanais, entre o 22 de xuño e o 18 de xullo, con tres días de aprendizaxe por internet que se completará cun encontro presencial os sábados no Gaiás para pór en común todo o aprendido.
O Gran Colisionador de Hadróns (LHC) do CERN e todos os seus experimentos están apagados dende finais de 2018 para introducir unha serie de melloras que entrarán en funcionamento no terceiro período, denominado Run 3, a partires de 2021. O LHCb, un dos seus experimentos, espera poñerse en marcha de novo e rexistrar mais colisións por segundo, xerando unha enorme cantidade de datos que se ían procesar con moitas CPUs. Porén, varios científicos do LHCb idearon unha alternativa máis eficiente e con maior potencia de cálculo.
Galicia viviu unha primavera climatolóxica moi cálida e normal en canto ás precipitacións. Estas foron as principais características dun período que estivo marcado pola variabilidade, diversidade e tempo cambiante, tal e como se recolle no resumo do informe elaborado por MeteoGalicia. A temperatura da primavera foi moi cálida, cunha anomalía positiva na temperatura media de +1.68 ºC. Os tres meses tiveron tempo cambiante, pero en xeral os días de frío foron suaves.
A Xunta de Galicia recoñece o labor dos concellos galegos para manter a nosa Comunidade como a autonomía española nunha das primeiras posicións co maior número de bandeiras azuis en 2020. Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis recibidas para os areais galegos, con 107 (ao igual que en 2019); e que se eleva a 133 distincións sumando os distintivos ás praias, portos deportivos, aulas e centros da natureza.
A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas confirmou hoxe a súa 37ª edición, que terá lugar na vila pontevedresa do 9 ao 18 de xullo coas actuacións de 10 compañías escénicas galegas, seis chegadas doutras procedencias e diferentes actividades de difusión e formación arredor da compoñente máis lúdica e social do teatro. A Mostra, organizada desde 1984 pola Asociación Cultural Xiria, cumpre deste xeito o seu encontro anual co público e faino cun aprazamento de varias semanas das súas datas habituais.
O grupo que dirixe o profesor da USC José Martínez Costas no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), entra nunha nova fase de investigación para o desenvolvemento dunha vacina contra a COVID-19. A Comisión Europea acaba de concederlle financiamento para a realización de probas preclínicas en animais de experimentación. Estas probas permitirán, se os resultados son satisfactorios, “chegar ata a fase clínica de ensaios en humanos”.
O Plan de reactivación económica pon en marcha un paquete de formación dixital para mellorar os coñecementos e habilidades de 2000 persoas no que se inclúe un programa para autónomos, outro para formadores, unha liña para menores de 30 anos sen emprego e un ciclo de obradoiros. A primeira das iniciativas, Autónomos dixitais, é un novo programa formativo que pretende reforzar o tecido produtivo galego facilitando o desenvolvemento de competencias en comercio electrónico e novas canles online.
O vindeiro 9 de xuño celebrarase o Día dos Arquivos, cun amplo abano de actividades que se realizará ao longo de toda a semana e que inclúe mostras dixitais, publicacións, microhistorias ou divulgación de contidos. A maioría destas iniciativas serán virtuais, dixitais e multimedia, quedando limitadas as actividades presenciais ao ter en conta a actual crise sanitaria e o proceso de desescalada no que nos atopamos. O epicentro das actividades desta efeméride estará nos arquivos.
O Campus de Verán XuvenCiencia 2020 será un campus en rede, que non virtual, xa que os proxectos propostos resultan “moi tanxibles” e requirirán traballo de campo, segundo afirman os promotores da oitava edición dun campamento científico que sortea as limitacións derivadas da pandemia cunha proposta colaborativa e a distancia, dirixida a alumnado de 4º de ESO e BAC de Galicia e España, que se desenvolverá do 29 de xuño ao 3 de xullo.
O III Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal xa ten gañadores. O xurado, reunido onte pola tarde de forma telemática, premiou nove pequenas grandes historias que en conxunto suman 1.025 palabras. Cristina Fernández Mangana, natural de Ourense, Nee Barros Fernández, de Marín, e Christian Cabaleiro Otero, de Redondela, fixéronse cos primeiros premios nas modalidades de adulto, xuvenil e infantil, respectivamente.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (134)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES