Notas de prensa

Un superordenador para o CERN con firma galega

O Gran Colisionador de Hadróns (LHC) do CERN e todos os seus experimentos están apagados dende finais de 2018 para introducir unha serie de melloras que entrarán en funcionamento no terceiro período, denominado Run 3, a partires de 2021. O LHCb, un dos seus experimentos, espera poñerse en marcha de novo e rexistrar mais colisións por segundo, xerando unha enorme cantidade de datos que se ían procesar con moitas CPUs. Porén, varios científicos do LHCb idearon unha alternativa máis eficiente e con maior potencia de cálculo.

A proposta, baseada en tarxetas gráficas (GPU), como as que se usan na industria dos videoxogos, e liderada por Daniel Cámpora do NIKHEF en Ámsterdam, e codirixida por Roel Aiij, tamén do NIKHEF, e Dorothea Von Bruch da Universidade da Sorbona en París, contou cunha contribución importante dun equipo do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) centro mixto da USC e da Xunta de Galicia, composto por Alexandre Brea, Adrián Casais, Xoan Mayo, Diego Martínez Santos e Christopher Parkinson, actualmente investigador Marie Curie en Lovaina (Bélxica). Para demostrar a viabilidade da proposta, construíuse un prototipo, aportado principalmente entre o equipo da USC e o da Sorbona.

O éxito das probas feitas no prototipo levou á colaboración LHCb a aprobar finalmente esta alternativa baseada en GPUs, debido á súa maior potencia de cálculo e o moito menor custo. Unha vez construído, este superordenador, bautizado como Allen, na honra de Frances Allen, informática pioneira no campo de optimizar compiladores, alcanzará unha potencia de 6 PFLOPS, convertíndose no mais potente do CERN, e probablemente entrando no top 50 mundial.

Universidade de Santiago de Compostela, 2020-06-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES