
O artista permitiu que a totalidade da súa remuneración se destinase á USC. Asemade, dende o Náutico optaron por incrementar esta cantidade achegando dous euros por cada persoa do público. A actuación desenvolveuse respectando as medidas de seguridade dictadas polas autoridades sanitarias.
Proxectos financiados
Os fondos captados a través de 'Sumo Valor' están a servir como fonte de financiamento para dous proxectos desenvolvidos co Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica (CiQUS). Por unha banda, o profesor Javier Montenegro é o investigador principal dun proxecto que prepara vectores peptídicos para o transporte de ARN mensaxeiro de potencial aplicación en vacinas; pola outra, o grupo que dirixe o profesor José Martínez Costas traballa dende abril no desenvolvemento dunha vacina fronte á COVID-19 en base a unha nova metodoloxía, desenvolta no propio centro e patentada pola USC, que permite resultados en marxes de tempo reducidos e a baixo custo. Esta investigación está a piques de iniciar probas preclínicas en animais.
O catedrático de Electromagnetismo da USC, Jorge Mira, é o investigador principal do proxecto 'Predico' sobre modelos de predición dinámica sobre escenarios de afectación por COVID-19 a curto e medio prazo. O obxectivo deste proxecto tamén financiado pola campaña de micromecenado da USC, é o de predicir a evolución da expansión e incidencia da enfermidade. Este equipo de investigadores logrou predicir cando se ía producir o pico da pandemia.
A cartografía de risco coordinada polo profesor Ángel Miramontes permitirá coñecer onde se localizan os principais focos de contaxio pola COVID-19, con que factores territoriais están relacionados e cales son os espazos de actuación chave para frear a súa propagación. 'Sumo valor' toma tamén parte na elaboración deste mapa actualizable que permitirá realizar un diagnóstico sobre o comportamento espacial do contaxio.
Finalmente, desenvolver e avaliar en estudos preclínicos unha nova vacina baseada en ARNm contra o SARS-CoV2 capaz de inducir respostas inmunitarias de longa duración fronte ao virus é o fin último do proxecto de investigación no que traballa o laboratorio que lidera a catedrática da USC e investigadora no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), María José Alonso, e que tamén recibe fondos procedentes de 'Sumo Valor'. O obxectivo é producir un vehículo sintético baseado en biomateriais inocuos e capaz de transportar o ARNm ao interior das células dianas, de modo que logre a produción do antíxeno no organismo humano.
Conexión coa sociedade
A USC puxo en marcha en novembro de 2019 o programa de micromecenado 'Sumo Valor' co obxecto de crear un espazo de encontro que implique a empresas, institucións e sociedade nas actividades, proxectos e servizos que desenvolve a Universidade. Esta iniciativa constitúe un vínculo activo coa USC e un instrumento que reforza a nosa conexión coa sociedade, explicou o reitor Antonio López no acto de presentación da campaña. Dende o seu nacemento,'Sumo Valor' leva captado un total de 46.443 euros. "Esta captación de fondos destinarase a investigacións en distintos eidos, dende as Ciencias, Enxeñarías e Ciencias da Saúde, ata as Ciencias Sociais e Xurídicas", explica o vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade, Gumersindo Feijoo. O prazo para realizar doazóns remata o 31 de xullo de 2020.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.