Archivo (5 del 2020)

Buscador

Noticias

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, mantivo hoxe unha xuntanza cos reitores das universidades galegas, Antonio López (USC), Julio Abalde (UDC) e Manuel Reigosa (UVigo) na que acordaron establecer un marco de colaboración para traballar no impulso das competencias dixitais no Sistema Universitario Galego (SUG).
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, visitaron hoxe a mostra Blanquísima su presencia, do pintor, debuxante, escultor e serígrafo Nelson Villalobos, instalada no Museo do Mar de Galicia. A exposición que permanecerá aberta ao público desde mañá e ata o 29 de xuño, conta con 62 obras do artista, pertencente á chamada Xeración dos 80 en Cuba.
O Ministerio de Universidades acaba de ratificar que no período 2011-2019 Galicia é a comunidade autónoma cos prezos públicos universitarios máis baixos do Estado, e incluso moi por debaixo da media do conxunto de España, polo que xa cumpre, desde hai dez anos, coas novas esixencias que desde o Goberno Central se van decretar para o conxunto das CCAA para o vindeiro curso universitario. Así se pon de manifesto no documento coa proposta de prezos públicos para o curso 2020/21
A Cidade da Cultura, dentro da súa campaña de lecer e formación #aculturasegue, pon en marcha polas redes sociais e a web 'Cociñeiras ilustradas'. Trátase dun curso de cociña en liña para que as familias preparen coa cativada divertidas e sinxelas receitas, que lles serán explicadas en vídeos de animación cos debuxos de cinco recoñecidas ilustradoras galegas: Ana Varela, Ángeles Díaz −alias 'Axóuxeres e chisqueiros'−, Nuría Díaz, Laura Tova e Dani Padrón.
Os retos do sector musical no contexto actual, e concretamente no eido da música clásica, será o tema a tratar nun novo encontro virtual dos Foros #ACULTURASEGUE. Reflexións sobre a cultura na era post-COVID-19. A sesión, que terá lugar este venres 29 de maio, contará coa participación do ensaísta e crítico musical Juan Ángel Vela del Campo, e da directora técnica da Real Filharmonía de Galicia, Sabela García Fonte.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, solicitou ao Ministerio de Sanidade a posibilidade de que os concellos galegos que así o consideren, poidan establecer dous aforos nas praias, en función da baixamar e a preamar. Almuiña remitiu unha carta ao Ministro de Sanidade, Salvador Illa, na que refiere as características das praias e os areais galegos, con grandes diferencias entre preamar e baixamar.
Reactívase o concurso individual de fotografía #eusonpilabot, unha iniciativa que busca concienciar á comunidade escolar sobre a recollida selectiva deste tipo de residuos apelando, neste caso, á creatividade do alumnado. O prazo para a presentación das instantáneas rematou o 10 de marzo pero o parón da actividade escolar derivado da declaración do estado de alarma obrigou a suspender temporalmente a campaña Pilabot, na que se enmarca este concurso.
Científicos da USC no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares traballan en crear un citoesqueleto ‘artificial’ para explicar o comportamento e evolución das células e servirse da química para resolver problemas biolóxicos. “No noso proxecto de construción do esqueleto de células sintéticas, conseguimos controlar os seus sistemas de andamios”, explica o investigador principal Javier Montenegro.
A Xunta presenta unha declaración conxunta con todas as comunidades autónomas enmarcada na crise da covid-19, mediante a que se acordan propostas imprescindibles para promover o desenvolvemento sustentable nun mundo complexo, cambiante e interdependente, segundo consta no documento. A declaración, froito do acordo e do interese por impulsar accións conxuntas entre o Encontro Autonómico
O Ministerio de Facenda vén de indicar que Galicia é a comunidade autónoma que mellor pagou as súas facturas ao peche do primeiro trimestre do ano, tal como mostran os datos do Informe mensual sobre plazos de pago a proveedores y deuda comercial de las Comunidades Autónomas publicado hoxe. O período medio de pago (PMP) de Galicia ao peche do primeiro trimestre situouse en 14,51 días, o que supón o tempo máis baixo das 17 comunidades autónomas.
« Anterior | 1  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES