Notas de prensa

As comunidades autónomas presentan unha declaración conxunta fronte á crise da covid-19 baixo o lema 'Da crise sáese cooperando'

A Xunta presenta unha declaración conxunta con todas as comunidades autónomas enmarcada na crise da covid-19, mediante a que se acordan propostas imprescindibles para promover o desenvolvemento sustentable nun mundo complexo, cambiante e interdependente, segundo consta no documento. A declaración, froito do acordo e do interese por impulsar accións conxuntas entre o Encontro Autonómico

A declaración persegue un obxectivo común para as 17 comunidades autónomas e nove Fondos de Cooperación que subscriben o documento que é situar no centro o benestar e a vida digna de todas as persoas e futuras xeracións. Así, segundo se recolle no documento, as comunidades autónomas e entes locais apostan por consolidar alianzas e consensos políticos e sociais que permitan á cooperación continuar investindo e contribuíndo a garantir un presente e un futuro sen deixar ninguén atrás,cunha clara aposta polo consenso dentro da política de cooperación para o desenvolvemento.

Neste sentido, e ante os impactos ocasionados pola covid-19 nas distintas sociedades, que acelerarán sen dúbida unha transformación global tanto a nivel económico, como social e político, desde a cooperación descentralizada proponse abordar os desafíos existentes desde unha perspectiva local-global, que sexa coordinada e complementaria.

Doutra banda, as cooperacións descentralizadas sinalan a necesidade de equilibrar o urxente e o importante, xa que a gravidade da situación obríga a priorizar tamén aspectos a medio e longo prazo, como a revalorización dos bens públicos globais, as consecuencias do cambio climático, ou as causas das grandes migracións. Entre os acordos reflectidos nesta declaración conxunta, que responden a retos que se puxeron de relevo coa pandemia, figuran os de avanzar cara á sustentabilidade, reforzar o público, reducir as brechas (tamén a dixital) e a aposta polo local.

Por último, apostan tamén polo fortalecemento da sociedade civil organizada e a súa participación no deseño, xestión e avaliación das políticas públicas, xa que desde a súa proximidade ás poboacións máis vulnerables poden garantir a defensa dos seus dereitos e que ninguén quede atrás, aseguran desde a Cooperación descentralizada. “A solidariedade internacional é unha responsabilidade compartida e imprescindible para garantir o futuro do planeta”, conclúe o escrito conxunto.

Máis de 2 M euros destinados aos campamentos de Tinduf e á poboación refuxiada palestina

Xunto coa Declaración conxunta das cooperacións descentralizadas fronte á crise da covid-19 “Da crise sáese cooperando”, as comunidades autónomas sinalan este xesto conxunto de solidariedade como resposta aos retos na actual conxuntura. Neste marco, as comunidades autónomas dan resposta á dúas chamadas que teñen que ver coas poboacións desprazadas e refuxiadas en situación de especial vulnerabilidade agardada pola crise da covid-19 e que da resposta a especiais necesidades dos campamentos saharauís de Tinduf e a persoas refuxiadas palestinas a través da UNRWA (Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina en Oriente Próximo). Para estas iniciativas concretas, as comunidades autónomas aportan 2.455.000 €.

Cada comunidade autónoma mantén as súas propias políticas de cooperación e liñas de subvencións e axudas. Esta iniciativa conxunta é unicamente un xesto para exemplificar e poñer de manifesto o noso compromiso coa solidariedade local global e o papel que as comunidades autónomas teñen que seguir desempeñando pola cooperación para o desenvolvemento.

Seminario virtual “Da crise sáese cooperando”

Para continuar co reflexións sobre os desafíos que a covid-19 lle plantexa á cooperación descentralizada, as direccións e axencias de cooperación das comunidades autónomas e os fondos de cooperación para o desenvolvemento celebrarán esta tarde, ás 18:00h, un seminario virtual que se poderá seguir en https://www.youtube.com/watch?v=vP3fZtRFsnQ. Nel, varias persoas expertas aportarán reflexións que sirvan para identificar os principais retos para a cooperación descentralizada, así como elementos a ter en conta para a toma de decisións neste contexto.

Xunta de Galicia, 2020-05-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (industria.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.
Foto de la tercera plana (cgac-2021.jpg) A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da USC, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES