Notas de prensa

A Cidade da Cultura impartirá un curso de cociña en liña para a cativada con vídeo-receitas animadas por ilustradoras galegas

A Cidade da Cultura, dentro da súa campaña de lecer e formación #aculturasegue, pon en marcha polas redes sociais e a web 'Cociñeiras ilustradas'. Trátase dun curso de cociña en liña para que as familias preparen coa cativada divertidas e sinxelas receitas, que lles serán explicadas en vídeos de animación cos debuxos de cinco recoñecidas ilustradoras galegas: Ana Varela, Ãngeles Díaz −alias 'Axóuxeres e chisqueiros'−, Nuría Díaz, Laura Tova e Dani Padrón.

Cociñeiras ilustradas. Divertidas receitas animadas para preparar e papar coa cativada comezará a emitirse en liña pola páxina web da Cidade da Cultura −www.cidadedacultura.gal− e polas súas redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter) a partir do sábado 13 de xuño. Deste xeito, dáselle continuidade á actividade familiar de fin de semana como o propio Club das Lerchiñas, unha sesión de contacontos os sábados e que remata o vindeiro 6 de xuño, á vez que se procura darlle visibilidade ao talento, calidade e versatilidade nos seus traballos ao sector da ilustración en Galicia.

Desde xeito, do 13 de xuño ao 11 de xullo, emitiranse en liña, cada sábado e ás 10 horas dúas vídeo-receitas −un xantar e unha sobremesa− explicadas e animadas cos debuxos dunha mesma Cociñeira ilustrada. Así, ata un total de cinco días e dez propostas culinarias, elaboradas polos prestixiosos cociñeiros Xenxo Piñeiro, Santiago Martínez, David Cibre e Miguel A. Caruncho da Escola de Hostalaría Belarmino Fernández, en Sober (Lugo).

Esta actividade forma parte da programación en Internet e polas redes sociais da Cidade da Cultura de Galicia co obxecto de ofrecer contidos culturais e de lecer de calidade nesta época de limitacións de actividades presenciais por cuestións de seguridade e sanitarias pola covid-19. Neste caso en concreto, procúrase ademais continuar a fornecer a programación familiar, á vez que espertar o interese da cativada pola cociña e contribuír a incorporar na súa educación o valor das materias primas non procesadas e dunha alimentación sá e equilibrada, importante sempre e máis nestas idades de crecemento.

Cinco recoñecidas e premiadas ilustradoras galegas

Cociñeiras ilustradas conta con cinco recoñecidas e premiadas artistas, entre elas Ana Varela (A Coruña, 1987) cuxas ilustracións abren os dous primeiros vídeos-receita do sábado 13 de xuño para que se cociñen en familia: cornete de pavo e verduras e unhas galletas de leite condensado, como sobremesa.

Seguiralle o sábado seguinte, Ãngeles Díaz (A Coruña, 1989), coñecida polo seu álter ego artístico Axóuxeres e chisqueiros. Coas súas características ilustracións animará dúas receitas: crema de arroz con cabaza e verturas e un cordon bleu de pescada.

O sábado 27 de xuño emitirase en liña as vídeo-receitas de niño de paspallás e da crema de chocolate branco e iogourt, ilustradas por Dani Padrón (Ourense, 1983). Este artista conta con numerosos recoñecementos, como o Pura e Dora Vázquez da Deputación de Ourense, o Isáac Díaz Pardo e o International Latino Book Award na categoría de libro infantil.

As ilustracións de Nuria Díaz, coworker do Centro de Emprendemento do Gaiás e tamén Premio de Ilustración Pura e Dora Vázquez, daranlles vida ás receitas do sábado 4 de xullo: sándwich mixto con corazón fantasía de amanita muscaria e unhas divertidas luriñas de salchiña con pasta.

Laura Tova (Carballo, 1989) porá fin o ciclo de Cociñeiras ilustradas o sábado 11 de xullo debuxando para as vídeo-receita uns rolliños de arroz e uns bolos preñados de xamón cocido e queixo. Esta ilustradora tamén é moi coñecida pola súa participación activa en diversas iniciativas de arte urbano, como Derrubando muros con pintura ou Ruar e rir.

Cidade da Cultura de Galicia, 2020-05-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES