Archivo (10 del 2020)

Buscador

Noticias

A Fundación Juana de Vega entregou o Premio de Intervencións na Paisaxe na categoría de intervencións privadas no patrimonio construído e a súa contorna, para é recoñecer os proxectos que recuperen o patrimonio construído e poñan en valor o medio que os rodea. Tivéronse en conta a posta en valor dos elementos construídos, a integración na contorna, a incorporación de criterios de sostibilidade, e a economía no uso dos materiais.
A Universidade da Coruña, organiza o Foro Avanza, en edición virtual este curso, os días 10, 11 e 12 de novembro, para axudar ao alumnado a mellorar as súas perspectivas de incorporación no mercado laboral. A vicerreitora María José Lombardía inaugurará as actividades o primeiro día, ás 10h., para dar paso ás diferentes intervencións que explicarán ao estudantado opcións e destrezas para mellorar a súa empregabilidade.
Un edificio virtual con espazos para conferencias, exposicións e networking acolleu onte os representantes de 450 empresas, que se conectaron mediante unha plataforma e puideron participar nos diferentes espazos. Nuria Oliver, enxeñeira de Telecomunicación, investigadora, divulgadora científico-tecnolóxica e doutora e recoñecida experta en Intelixencia Artificial e Big Data, impartiu unha conferencia sobre as claves estratéxicas do novo escenario dixital no que vivimos e a influencia que ten a IA nas nosas vidas.
Tras a interrupción de marzo por mor da declaración do estado de alarma, o Festival Atlántica vén de anunciar a continuación da súa oitava edición, que se vai celebrar entre novembro e decembro. A presentación tivo lugar este xoves, 29 de outubro, nunha rolda de prensa na que participaron Mercedes Rosón Ferreiro, primeira tenente de alcalde e concelleira Responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela; e Soledad Felloza, directora do Festival Atlántica.
A través dela, amósase unha importante selección de obxectos e prendas de vestir, pertencentes na súa totalidade á colección de moda e indumentaria de Ana González-Moro, dama coruñesa que ao longo da súa vida recopilou vestidos, traxes e complementos de máis de cen anos de creación e que ata agora nunca foron expostos no seu conxunto. Son máis de trescentas pezas procedentes de herdanzas familiares, doacións e regalos do seu círculo de amizades.
O Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense bota a andar co reto de achegarlles beneficios socioeconómicos á cidade e á súa contorna, como centro tecnolóxico de excelencia enfocado a aplicacións viables da intelixencia artificial no mundo real. La Molinera acolleu a presentación do novo equipamento municipal, nun acto no que participaron o alcalde de Ourense, o director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial, e representantes de diferentes entidades colaboradoras.
A pesar de que as mulleres representan a metade da sociedade e dos avances en igualdade acadados, na actualidade arredor de tres de cada catro postos de control de xestión están ocupados por homes e só un por mulleres. Tendo en conta esta cifra, o pasado ano púxose en marcha desde a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense a xornada Control de xestión desde unha perspectiva de xénero.
A rede interdisciplinaria NOR-WATER acaba de ver a luz para constituír un foro de colaboración público-privado sobre contaminantes emerxentes na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O obxectivo é que esta iniciativa permita o intercambio de coñecementos, a identificación de necesidades e prioridades, e avanzar nas capacidades de detección, control e mitigación deste tipo de contaminantes e do seu impacto nos ecosistemas e na saúde pública.
R celebrará este mércores, 28 de outubro, as Xornadas Tecnolóxicas R 2020, un dos eventos anuais de referencia no sector TIC, no que se intercambian experiencias de éxito e onde se expoñen de forma práctica e próxima os retos das empresas na nova era dixital. Esta edición celebrarase online, nun ‘edificio virtual’ para respectar as medidas de distanciamento social impostas pola pandemia da COVID-19.
O Galician Freaky Film Festival ultima os detalles da súa cuarta edición que, dun xeito atípico e inesperado, celebrarase no medio dun estado de alarma que afecta a todo o territorio nacional. Deste xeito, estase a traballar nun novo horario que se anunciará en breve, en canto a Xunta confirme a hora definitiva do toque de queda, xa que pode ser ás 22.00, ás 23.00 ou ás 00.00.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES