Notas de prensa

Alumnado de doce universidades participará nunha xornada sobre control de xestión desde a perspectiva de xénero

A pesar de que as mulleres representan a metade da sociedade e dos avances en igualdade acadados, na actualidade arredor de tres de cada catro postos de control de xestión están ocupados por homes e só un por mulleres. Tendo en conta esta cifra, o pasado ano púxose en marcha desde a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense a xornada Control de xestión desde unha perspectiva de xénero.

Este ano, a iniciativa celebra a súa segunda edición de xeito on-line, adaptándose ás medidas de loita contra a covid-19, e abríndose á participación de alumnado de arredor de doce universidades españolas e iberoamericanas.

A segunda xornada Control de xestión desde unha perspectiva de xénero celebrarase o mércores 28 de outubro organizada nesta ocasión pola Universidade de Vigo e AICOGestión, asociación de carácter non lucrativo que persigue a promoción e difusión do coñecemento científico e profesional na área da contabilidade e o control de xestión e que pretende ser referente no seu eido de actuación en España, Portugal e América. A cita, coordinada polo profesor da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo Ernesto López-Valeiras, conta ademais co patrocinio de Ecobas e a Unidade de Igualdade da UVigo.
A visión académica, profesional e emprendedora

O obxectivo da xornada é, segundo comentan os seus responsables, contribuír a que o alumnado teña unha visión máis completa desta función directiva e difundir e promocionar o control de xestión entre os estudantes de pregrao, con especial atención a dar resposta á necesidade de transversalizar o enfoque de xénero a todos os niveis da sociedade. Como novidade, esta segunda edición, detallan desde a organización, adquire “unha orientación iberoamericana”, grazas á co-organización de AICOGestión, e “100% virtual sincrónico”, atendendo ás necesidades derivadas da loita contra a pandemia e tamén para dar resposta á apertura da participación a outros países. Así, á actividade asistirán virtualmente estudantes de grao e posgrao de arredor dunha ducia de universidades. De España, ademais da Universidade de Vigo, participarán estudantes de Alcalá de Henares, Barcelona, Pablo de Olavide e Valencia. De América estarán representadas institucións como a Pontificia Universidad Católica del Perú, Universidad Abierta Latinoamericana, Universidad Autónoma de Chile, Universidad de Chile, Universidad Cooperativa de Colombia, Universidad de Panamá e Universidad Nacional de Rosario.

A iniciativa, indican os seus promotores, “combina a visión e experiencias de tres perfís diferenciados no ámbito do control de xestión: unha profesora universitaria (de España), unha profesional (de Chile) e una alumna de mestrado (de Arxentina)”. Inaugurada pola decana de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense, Montserrat Cruz, e moderada pola profesora do centro e vogal da comisión de contabilidade de xestión da Asociación Española de Administración e Dirección de Empresas Beatriz González, a xornada arrancará coa intervención de Emma Castelló, profesora titular da Universidad de Alcalá de Henares; directora do Grupo de Investigación desta universidade Planificación, Xestión e Control da Actividade Económica e da Empresa en clave interdisciplinar e coordinadora da Red de Investigación DYCSTEN (Dinamic and Complex Systems in Technological Entrepreneurship). Seguiralle Paola Tapia, xerente de consultaría en GS Consulting (Chile) e académica da Facultad de Economía y Negocios da Universidad de Chile. Por último, Mariana Soldavini falará nesta xornada desde a súa perspectiva de emprendedora e alumna de mestrado en Control de Xestión (Arxentina e España).

Universidade de Vigo, 2020-10-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES