
O espectador terá ocasión de adentrarse nos usos e costumes que transitaron desde mediados do século XIX ata mediados do século XX, a través dun recorrido que se extende por toda as salas do museo en diálogo coas obras da colección permanente, atendendo a súa iconografía, época e uso.
A exposición, organizada polo Museo de Belas Artes da Coruña baixo o patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, está comisariada polo arquitecto Fernando Agrasar Quiroga e o especialista en moda Román Padín Otero e poderá visitarse desde o 28 de outubro de 2020 ata o 14 de marzo de 2021.
As vestimentas son pezas de gran beleza, prodixio técnico, singularidade museográfica e relevancia histórica, confeccionadas e pertencentes, na súa meirande parte, á vida en Galicia. Así, reflicten a moda urbana, local e cosmopolita, artesana e, a súa vez, industrializada dun mundo moderno en continuo movemento. A historia galega eleva a súa importancia desde a perspectiva do traxe e dirixe a mirada hacia unha manifestación cultural; un arte que define a nosa contemporaneidade: a moda, entendida desde o seu valor social. O percorrido, que vai desde mediados de 1860 ata mediados de 1960, amosa a alborada da confección en serie e o traballo esencial das modistas, dos sastres e dos familiares que cosía, tecían e reparaban as vestimentas. Son obxectos e roupas que seguen a moda das épocas nas que se crearon e incorporan particularidades dos que as levaban. Son herdanzas e memoria.
Da totalidade das pezas, soamente unhas poucas foron expostas con anterioridade na exposición Con-Fío no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, e dúas na mostra Sorolla y la moda do Museo Nacional Thyssen-Bornemisza en Madrid. Con todo, a colección completa da familia González-Moro preséntase agora por primeira vez para ensalzar o seu valor de patrimonio colectivo e xerar, en cada unha das salas do museo, unha gran conversa entre as artes.
Seccións
Vestir Épocas, 1860-1960. A Colección González-Moro amosa unha importante colección de moda no seu valor artístico e social, e é a testemuña dun período de tempo vinculado á modernidade en Galicia. Está dividida en nove sección. A primeira é a chamada Wonderkammer ou Cámara das maravillas, na que preséntase unha miscelánea de pezas, desde pedrería ata complementos, que facilitan a comprensión de todo o que ven a continuación.
En primeiro lugar, nos encontramos coa sección Corpo e silueta, na que unha amplia colección de roupa interior, tanto de home como de muller, ábrese ante o espectador acompañada dun vídeo creado por Jesús Madriñán e Manu Seoane. Continuando o percorrido e, en relación coas pinturas relixiosas, preséntase Corpos celestiais, onde podemos ver, entre outros, os traxes de bautismo e comunións. Máis adiante nos atopamos con Donas de branco e cabaleiros de negro na que destacan os vestidos de noiva e os traxes de etiqueta para cabaleiros, e, do mesmo xeito, complementa o espacio á carón dos retratos a sección Pequenas principalidades, que mostra sombreiros e outros complementos. A ropa dedicada ao loito e os uniformes ten a súa sección en Loito e uniformes. Rigor no vestir e, pola súa banda, as capas de viaxe e os traxes de paseo visten as obras de paisaxes en Roupa de visita e viaxe. Finalmente, na sala dedicada ao século XX podemos ver Flâneries e Folies, roupa de día e roupa de noite, coa que se crea un espazo tan colorista, cambiante e intenso como a arte deste século, para terminar coa sección Roupa de servicio, en diálogo coa sala de Sargadelos.
Actividades complementarias
O Museo de Belas Artes da Coruña programa, ademáis, toda unha serie de actividades en torno á exposición: visitas guiadas e conferencias, dirixidas ao público e atendendo tamén ás limitacións do aforo contempladas pola situación da Covid-19.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.