Notas de prensa

A UDC organiza o Foro Avanza Virtual de axuda ao alumnado no seu paso ao mercado laboral

A Universidade da Coruña, organiza o Foro Avanza, en edición virtual este curso, os días 10, 11 e 12 de novembro, para axudar ao alumnado a mellorar as súas perspectivas de incorporación no mercado laboral. A vicerreitora María José Lombardía inaugurará as actividades o primeiro día, ás 10h., para dar paso ás diferentes intervencións que explicarán ao estudantado opcións e destrezas para mellorar a súa empregabilidade.

O Foro Avanza, como nas anteriores edicións, baséase en tres actividades fundamentais para a empregabilidade de calquera estudante ou persoa egresada: emprego, emprendemento e contacto coas empresas. Inclúe distintas actividades desenvolvidas polo persoal técnico das empresas, profesionais recoñecidos do emprego público e privado, especialistas nas distintas temáticas. Explicaranse programas específicos para o emprendemento da mocidade universitaria; a saída laboral do emprego público; como preparar unha entrevista de éxito; como crear un bo curriculum vitae; as oportunidades de emprego, prácticas e voluntariado en Europa, como usar LinkedIn para buscar emprego ou potenciar a marca persoal, entre outros contidos.

As actividades organizadas inclúen presentación de empresas como PwC, Garrigues, APPLUS+, Indra, etc. que ademais de atender ás dúbidas do alumnado recollerán curriculums. O estudantado deberá inscribirse antes do 9 de novembro.

Universidade da Coruña, 2020-10-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES