Archivo (3 del 2019)

Buscador

Noticias

Alguén que respira! II Festival de Poesía para o Corpo Principal, promovido polo Concello compostelán e pola Xunta de Galicia e posicionado desde a súa primeira edición como un dos máis importantes encontros arredor da poesía de toda a Península, congrega en Santiago durante a semana que vén a máis de cincuenta poetas, performers, músicos e actores para celebrar a poesía como forza aglutinadora da cultura.
Presentouse hoxe a nova colección permanente do Museo de Belas Artes da Coruña que acaba de ampliar o seu catálogo con novas pezas procedentes do Museo Nacional del Prado, do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e doutras institucións como o Círculo de las Artes de Madrid ou de préstamos de particulares. En total incorpóranse á exposición do museo coruñés 39 obras de distintos autores.
En 2017 as exportacións de bens do Hipersector TIC en Galicia supuxeron uns ingresos de máis de 105 millóns de euros, o dobre do rexistrado catro anos antes, en 2013 con 50,7 millóns de euros. En 2018 o Hipersector TIC acadou os 23.308 traballadores, o que supuxo 1.335 traballadores no último ano. É a maior cifra de emprego rexistrada polo hipersector TIC nos 5 últimos anos, principalmente, no sector TIC que dá emprego a 18.163 traballadores.
A Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia avala que o cumprimento do calendario de vacinación oficial sexa requisito para inscribir a unha nena ou neno nunha escola infantil. A Consellería de Política Social está a estudar a posibilidade de implantar esta condición no acceso ás prazas públicas de atención á infancia de 0 a 3 anos. Neste informe recálcase que neste asunto é prioritaria a protección da saúde dos menores, tal e como recoñece o artigo 43 da Constitución española.
O concurso para músicos e bandas emerxentes SonidosMans acaba de abrir a convocatoria da súa terceira edición, organizada de novo pola Fundación Paideia Galiza coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O obxectivo é facilitarlles aos grupos e solistas que están a comezar a súa carreira unha plataforma de difusión do seu traballo.
O proxecto GEM, observatorio da actividade emprendedora en Galicia, presentou na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais o informe monográfico 10 anos de emprendemento en Galicia: un enfoque de xénero, no que se analiza o perfil da persoa emprendedora durante a última década. O informe analiza tres períodos: 2008-2010 (efectos notorios da crise), 2011-13 (iniciativa emprendedora) e 2014-17 (recuperación e estabilidade).
A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar o primeiro Plan de inspección do comercio dixital, que velará polos dereitos dos consumidores e a seguridade dos produtos ofertados na rede. Búscase comprobar, a través da análise e inspección das páxinas web, o grao de cumprimento da legalidade vixente en materia de comercio e consumo. Ademais, impulsarase a mellora da información que recibe o consumidor a través de Internet.
O Festival Atlántica comeza este martes, 12 de marzo, a súa sétima edición, que se vai desenvolver ata o vindeiro día 23 en 16 concellos de toda Galicia: Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Lalín, Teo, Pazos de Borbén, A Fonsagrada, Viveiro, Monforte de Lemos, Guitiriz, A Coruña, Ourense, Vigo, Rianxo, Brión e Cuntis. Están programadas máis de 90 funcións dirixidas a todos os públicos e nas que participarán unha trintena de artistas.
A nova edición do programa No Bico un Cantar estará centrada na tradición musical da Raia, e se celebrará o vindeiro 7 de xuño en Tui. Baixo o título de 'Nenas e nenos cantan na Raia', o proxecto unirá música galega e portuguesa. Neste sentido, convidouse a participar ao alumnado da Academia de Música da Fortaleza de Valença e da Academia de Música José Atalaya de Fafe, ambas do país veciño. Ademais deles participarán as alumnas e alumnos dos 7 conservatorios profesionais de Galicia.
'Valor e mestría. Galicia como fútbol', –exposición sobre a historia, fitos e lendas dos 143 anos de historia deste deporte en Galicia– clausurouse este domingo tras recibir preto de 40.000 persoas, desde a súa inauguración o 15 de febreiro no Museo Centro Gaiás. A mostra rexistrou unha importante afluencia de visitantes na súa recta final, especialmente durante a pasada fin de semana. Valor e mestría foi a exposición máis ambiciosa realizada ata o momento sobre a historia do fútbol galego.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (127)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES