
A exposición arrancou en 1876, ano no que se data a primeira referencia o xogo do foot-ball en Galicia e que algúns historiadores consideran que tamén en España ata o gol do celtista Iago Aspas no recente Mundial de Rusia.
Ao longo destes 143 anos, o fútbol galego foi protagonista en numerosos momentos estelares. Así, a escolma de pezas desta exposición devolveunos as xestas de equipos como o Racing subcampión da Copa de España, o Pontevedra do Hai que roelo, o Súper Dépor ou do Celta que brillou en Europa; de adestradores como Moncho Encinas, Arsenio Iglesias ou Carriega; e de xogadores como os olímpicos galegos de 1920, Luis Suárez, Amancio, Marcelino, Fran, Borja Oubiña, Iago Aspas, Lucas Vázquez ou Lucas Pérez; ou da nosa futbolista máis internacional, Verónica Boquete, o nome máis representativo da explosión que está a vivir o fútbol feminino galego e que tivo á porteira Irene como pioneira a principios do século pasado.
Facerse eco de todos eles foi o principal obxectivo de Valor e mestría. Galicia como fútbol, organizada pola Xunta de Galicia coa colaboración da Federación Galega de Fútbol, Secretaría Xeral de Igualdade e LaLiga Santader e que contou con dous expertos en fútbol galego Xosé Antón Castro Fernández e Rubén Ventureira Novo, como comisarios da exposición.
A mostra reuniu trofeos, medallas, carteis, bandeirolas, bufandas, camisetas, botas, fotografías, vídeos e outro tipo de obxectos. As pezas que compuxeron a exposición foron achegadas por diferentes coleccionistas públicos (30) e privados (60). Así, requiriuse a colaboración dos principais clubs da comunidade así como da federacións galega e tamén dos xogadores máis relevantes da historia do noso fútbol ou ben dos seus herdeiros.
Actividades para dinamizar a exposición
A Cidade da Cultura de Galicia preparou ao longo destes seis meses unha ampla e variada programación para arroupar e dinamizar Valor e mestría. Galicia como fútbol. Entre o abano de actividades celebráronse xornadas con experiencias en primeira persoa sobre o fútbol feminino, con clubs pioneiros e tamén unha mesa redonda ao redor do valor deste deporte como ferramenta de inclusión social e de superación persoal.
Ademais, vencelladas con esta exposición, a Cidade da Cultura organizou en marzo, durante semana do Día Internacional da Muller, visitas comentadas á exposición Valor e mestría, centradas especificamente no papel da muller neste deporte, que tivo como pioneiras a principios do século pasado a famosa porteira Irene e ao equipo Estradense, de Viveiro. Xa en 1981 a formación coruñesa Karbo, foi a primeira en ser campioa de Liga feminina en España; e, na actualidade, contamos como referente do fútbol internacional feminino a galega Verónica Vero Boquete. Esta compostelá foi a primeira española en erguer unha Copa da Champions League Feminina.
Protagonista dun campamento urbano de verán
Finalmente, e dentro da programación de Verán no Gaiás, a exposición foi protagonista dun dos campamentos urbanos para a cativada que se celebraron en xullo na Cidade da Cultura. Neste caso, fixéronse xogos e actividades como xincanas e concursos, entre outras que procuraron fomentar valores intrínsecos do deporte como o compañeirismo, solidariedade, igualdade e o respecto entre iguais.
Valor e mestría. Galicia como fútbol enmárcase no obxectivo da Xunta de Galicia de converter o Museo Centro Gaiás no espazo no que amosar as mellores expresións culturais de Galicia, aproveitando a súa forza arquitectónica para albergar proxectos de calado. Actualmente, este Museo exhibe tamén outra grande exposición sobre artesanía galega Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.