
A AsesorÃa XurÃdica da Xunta de Galicia avala que o cumprimento do calendario de vacinación oficial sexa requisito para inscribir a unha nena ou neno nunha escola infantil. A ConsellerÃa de PolÃtica Social está a estudar a posibilidade de implantar esta condición no acceso ás prazas públicas de atención á infancia de 0 a 3 anos.
Neste informe recálcase que neste asunto é prioritaria a protección da saúde dos menores, tal e como recoñece o artigo 43 da Constitución española e que non se conculca de ningún xeito a liberdade ideolóxica, relixiosa ou de culto das familias, protexida polo artigo 16 da nosa Carta Magna.
O escrito avala a esixencia da vacinación para acceder a unha escola infantil baseándose en sentenzas dos Tribunais Superiores de Xustiza de Cataluña e A Rioxa, entre outras. Ademais, pon de manifesto que as comunidades autónomas de Estremadura e Castela e León xa requiren o calendario de vacinación para formalizar a matrÃcula. A nivel internacional, o informe xurÃdico cita os exemplos de Francia e Italia, que introduciron esta obriga ao longo dos últimos anos, mentres que os PaÃses Baixos están estudando facelo.
Asà mesmo, este informe recolle a postura favorable dos profesionais sanitarios, a través da Comisión Central de DeontoloxÃa da Organización Médica Colexial e da Rede Galega de Investigación Pediátrica.
O obxectivo da medida é avanzar na concienciación das nais e pais sobre a necesidade de inmunizar ás súas fillas e fillos ante posibles contaxios. Trátase de velar polo ben común dos menores protexéndoos de calquera enfermidade e garantir a inmunidade do grupo.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.