Archivo (3 del 2019)

Buscador

Noticias

A Cidade da Cultura acollerá o domingo 7 de abril a carreira solidaria que Manos Unidas organiza en Galicia para celebrar os 60 anos desta ONG e que se realizará, de xeito simultáneo, o mesmo día en preto de 40 localidades españolas. A inscrición nesta carreira solidaria de Manos Unidas está aberta ata o 2 de abril e o pecorrido na Cidade da Cultura será de 2,5 quilómetros. O punto de saída será na intervención artística da Bóla de Libros.
As 20 iniciativas preseleccionadas para o acceder ao programa defenderon as súas candidaturas no denominado “Pitch Day”, unha xornada na que expuxeron a utilidade e viabilidade das súas propostas. O programa startups R_DiCo Challenge enmárcase no Plan de acción para o impulso aos contidos dixitais en Galicia , que ten como obxectivos establecer colaboracións entre empresas para abordar retos tecnolóxicos e definir novos contidos audiovisuais.
A XXXIV edición da "Xuntanza Internacional de Gaiteiros", evento declarado de Interese Turístico e Cultural, reunirá o vindeiro sábado, 8 de xuño, no castelo de Monterrei a músicos de Galicia, Bélxica, Croacia, Escocia e Alemaña. Na Xuntanza tamén se vai a inaugurar unha exposición de gaitas procedentes dos países eslavos no Hospital do Peregrino, no Castelo de Monterrei, que poderá visitarse ata o día 15 de xullo de 2019.
A primeira edición da Conference on Transfer between Mathematics & Industry (CTMI 2019) celebrarase o vindeiro mes de xullo na Facultade de Matemáticas da USC. Colaboran na súa organización o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) e a Rede Española para Matemáticas e Industria (math-in), coa colaboración do European Service Network of Mathematics for Industry and Innovation (EU-MATHS-IN).
Persentouse no Gaiás o libro “Feminismos. A historia cóntana as vencedoras”, que contou coa presenza do director da Editorial Galaxia, Francisco Castro; da autora do libro, Anna R. Figueirido, da directora-xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, e da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella. O libro fai un percorrido da situación das mulleres dende a prehistoria ata o día de hoxe.
A Cidade da Cultura de Galicia prepara unha ampla e variada programación para arroupar e dinamizar ‘Valor e mestría. Galicia como fútbol’, a exposición máis completa sobre os 143 anos da historia deste deporte na nosa comunidade e que se pode ver ata o setembro no Gaiás. Entre o abano de actividades atópase un encontro de escolares con futbolistas da elite ou a retransmisión de partidos históricos.
A valoración media dos servizos sanitarios que realiza a poboación galega é bastante positiva, segundo se desprende dos datos do Barómetro Sanitario que vén de publicar o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social cos datos referidos a 2018. O conxunto dos galegos enquisados valoran a atención primaria de Galicia con 7,47 puntos sobre 10 (7,31 no Sistema Nacional de Saúde), sendo especialmente apreciados a confianza e a seguridade que transmite o persoal médico (7,70) e enfermería (7,57).
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (149)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES