
A apertura do encontro, celebrado na Cidade da Cultura, correu a cargo da directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o director de Innovación e Desenvolvemento de Produto de R e do Grupo Euskaltel, Javier Rodríguez Gil e o director de Innovación da CRTVG, Xosé Pereira.
Mar Pereira, lembrou que startups R Dico Challenge se enmarca no Plan Dico Mindset para promover o sector dos contidos dixitais en Galicia; unha estratexia impulsada dende a Administración Autonómica en colaboración co Clúster TIC e do Audiovisual de Galicia para configurar un sector de contidos dixitais galego máis potente, maduro e competitivo, que neste momento aglutina arredor de 900 empresas con preto de 5.400 empregados.
Pola súa banda, o director de Innovación de R e do Grupo Euskaltel, salientou que é unha satisfacción chegar a este punto de desenvolvemento do programa e poder concretar, dentro de pouco, que cinco ideas, das 20 que hoxe participan na xornada de pitching, pasan definitivamente á fase de aceleración. Hai moito potencial e variedade de proxectos polo que auguramos que a decisión do comité non será doada.
Xosé Pereira, director de innovación da CRTVG, que promove un dos retos, incidiu en que a CRTVG debe apostar pola innovación e participar activamente na transformación dixital do sector audiovisual galego. Acordos coma este van nesta boa dirección e esperemos que haxa moitos máis.
Ao longo da mañá, e divididos en dúas quendas, os vinte participantes foron expoñendo as súas propostas nun máximo de 5 minutos, tempo de que dispuxeron para explicar, defender e convencer das vantaxes da aplicación da súa idea e do modelo de negocio que teñen previsto para desenvolvela.
Cinco finalistas
Nos vindeiros días coñeceranse os 5 emprendedores e/ou empresas escollidos para pasar á fase de aceleración do programa de startups R DiCo Challenge durante catro meses (marzo-xullo). Os elixidos terán á súa disposición cadanseu mentor e a axuda económica da Amtega para afrontar os gastos cotiáns durante o desenvolvemento dos proxectos. Tamén poderán utilizar en todo momento o espazo startups R habilitado no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura con este fin, traballarán man a man con R, terán acceso á súa infraestrutura e modelo de negocio e beneficiaranse do uso das instalacións e a visibilidade derivada de camiñar a carón do operador galego durante este tempo.
Ademais, R converterase nun potencial primeiro cliente e nun trampolín orientado a outras saídas comerciais ao mercado. Os que desenvolvan o reto lanzado pola CRTVG contarán, pola súa banda, cun mentor da entidade e cos seus medios e infraestruturas. A primeira edición de startups R DiCo Challenge pecharase cunha xornada Demo Day a finais deste verán, onde os cinco participantes mostrarán os avances acadados.
Plan Dico Mindset
O programa startups R_DiCo Challenge enmárcase no Plan de acción para o impulso aos contidos dixitais en Galicia (DICo Mindset), que ten entre os seus obxectivos establecer colaboracións entre empresas para abordar retos tecnolóxicos e definir novos contidos audiovisuais que poidan rendibilizarse noutros mercados, ademais de lograr a visibilidade necesaria para o sector.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.