Notas de prensa

A XXXIV Xuntanza Internacional de Gaiteiros reúne en Ourense a músicos de Galicia, Bélxica, Croacia, Escocia e Alemaña

A XXXIV edición da "Xuntanza Internacional de Gaiteiros", evento declarado de Interese Turístico e Cultural, reunirá o vindeiro sábado, 8 de xuño, no castelo de Monterrei a músicos de Galicia, Bélxica, Croacia, Escocia e Alemaña. Na Xuntanza tamén se vai a inaugurar unha exposición de gaitas procedentes dos países eslavos no Hospital do Peregrino, no Castelo de Monterrei, que poderá visitarse ata o día 15 de xullo de 2019.

A presentación desta tradicional celebración tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo; o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; e a educadora social do Concello de Monterrei, Cindy Manso.

Rosendo Fernández salientou que este evento se converteu "nun prestixioso foro de ámbito mundial polo que pasaron os máis destacados gaiteiros, e supón un complemento ás actividades da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense". Pola súa parte, Xosé Lois Foxo dixo que esta Xuntanza "marca a historia da Escola Provincial de Gaitas, que leva 34 anos facendo cultura e convertendo a Ourense nun referente cultural". Así mesmo, Foxo asegurou que o vindeiro sábado, "Monterrei será, unha vez máis, a capital mundial da gaita, con este evento que ten unha importante difusión pois por el pasaron artistas destacados da música étnica".

Na Xuntanza tamén se vai a inaugurar unha exposición de gaitas procedentes dos países eslavos no Hospital do Peregrino, no Castelo de Monterrei, que poderá visitarse ata o día 15 de xullo de 2019. O alcalde de Monterrei destacou a importancia que ten para o seu municipio acoller a Xuntanza e esta exposición que contribúen "a dar valor ao gran patrimonio arquitectónico da comarca". As visitas á exposición poderán realizarse en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas, de mércores a domingo.

A Xuntanza comezará ás 12.30 horas no Hospital do Peregrino coa apertura da exposición, na que intervirán conferenciantes para falar da gaita galega, a gaita pastoril europea, a musette barroca, a gaita escocesa, a cuestión técnica na gaita galega e, sobre as gaitas eslavas. Pola tarde, a partir das 19.00 horas, comezarán as actuacións musicais no patio do Castelo. Este ano, ademais, a Xuntanza únese á campaña "Agresión OFF. Eu digo non á violencia sexual", cun stand informativo.

Deputación de Ourense, 2019-03-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES