
As actividades —para as que se conta coa colaboración da Federación Galega de Fútbol, La Liga Santander, a SecretarÃa Xeral de Igualdade, Futsal e Viaqua— arrancan o vindeiro mércores, dÃa 6, cunha mesa redonda sobre fútbol feminino, contado polas súas protagonistas e que está vencellada ás celebracións do ‘DÃa Internacional da MullerÂ’, que se conmemora o 8 de marzo.
A moderadora é Cristina López Villar, doutora e mestra da Universidade da Coruña e que tamén colabora no catálogo da exposición ‘Valor e mestrÃa. Galicia como fútbolÂ’. Como intervenientes estarán Lis Franco, estrela do equipo feminino Karbo; e Nuria Rábano, extremo do Deportivo e finalista coa Selección Española, tamén no Mundial Sub-20.
Ademais, vencelladas con esta exposición, a Cidade da Cultura organiza durante semana do ‘DÃa Internacional da MullerÂ’ visitas comentadas á exposición ‘Valor e mestrÃaÂ’, centradas especificamente no papel da muller neste deporte, que tivo como pioneiras a principios do século pasado a famosa porteira Irene e ao equipo Estradense, de Viveiro. Xa en 1981 a formación coruñesa Karbo, foi a primeira en ser campioa de Liga feminina en España; e, na actualidade, contamos como referente do fútbol internacional feminino a galega Verónica ‘VeroÂ’ Boquete. Esta compostelá foi a primeira española en erguer unha Copa da Champions League Feminina.
Fútbol como ferramenta de superación
A seguinte actividade será en abril cunha mesa redonda sobre o valor do fútbol como ferramenta de inclusión social e de superación persoal, onde se achegarán experiencias destacables e persoais. Para iso, contarase coa participación do clubs galegos que forman parte actualmente de La Liga Genuine Santander. Esta Liga é unha experiencia pioneira no mundo, e está organizada por La Liga Santander, a través da súa Fundación, e está formada por equipos de persoas con discapacidade intelectual.
Será durante o mes de maio será cando se celebren encontros de escolares de fútbol base con futbolistas da elite. Trátase de xuntar alumnado de centros educativos cun futbolista profesional en horario escolar. O formato será de 3 futbolistas diferentes en 3 dÃas. Contarase para esta actividade coa participación dunha ou dun xornalista deportivo que centrará a conversa no deporte ao longo da vida desde as categorÃas inferiores, desafÃos no deportista adolescente, e as adaptacións ás novas culturas, ás novas realidades e cidades que viven no seu periplo como xogadores.
Homenaxe aos clubs pioneiros de Galicia
‘Valor e mestrÃaÂ’ tamén se verá dinamizada por unha homenaxe no mes de xuño aos clubs pioneiros en Galicia. Para isto, levarase a cabo unha actividade con representantes de todos estes equipos, que incluirá unha mesa redonda —moderada por un dos comisarios da exposición, Rubén Ventureira— e proxección de imaxes históricas destas formacións.
En agosto, organizaranse na Cidade da Cultura encontros con seareiros e seareiras — provenientes de peñas de equipos galegos— con ex futbolistas profesionais e que son referentes históricos para estas asociacións de afeccionados. Deste xeito, celebraranse na exposición visitas temáticas facendo fincapé na historia de cada equipo e nos obxectos presentes en ‘Valor e mestrÃaÂ’ relacionadas cos mesmos.
Revivir partidos épicos cos seus protagonistas
Na Cidade da Cultura de Galicia tamén se revivirán fazañas e épicas futbolÃsticas gloriosas de clubs ao retransmitir partidos históricos como o Dépor-Valencia de 1995 ou Celta-Benfica de 1999, comentados por parte dos seus protagonistas.
Trátase de ver o partido Ãntegro, para que as e os afeccionados poidan revivilo, pero co gran valor engadido que suporá que os comentarios que se escoitarán mentres se ven as imaxes serán dalgúns dos xogadores que viviron ese momento tan importante para a historia do seu club.
O programa de actividades completarase con xornadas de xornalismo deportivo, nas que se intentará contar cos máximos referentes en comunicación de deportiva; con visitas á exposición ‘Valor e mestrÃaÂ’ por parte da primeira plantilla dos clubs de fútbol galego; xunto a outras accións que están a ser xestionadas e pechadas neste momento.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a Xunta destinará un total de 270 millóns de euros a paliar os efectos do conflito en Oriente Medio na nosa comunidade. Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia en resposta ás preguntas dos grupos parlamentarios, o titular do Goberno galego lembrou, ao respecto da situación en Oriente Medio, que o Consello da Xunta xa analizou hai dúas semanas 'os primeiros impactos' e que Galicia foi 'a primeira comunidade autónoma en falar cos clústeres'. Nesta liña, o presidente anunciou que o vindeiro Consello autorizará 'un plan de máis de 150 millóns' para atender aos sectores afectados, que se sumará aos máis de 120 millóns que suporá para Galicia financiar as iniciativas do Goberno central a este respecto.
Para a edición de 2026, chegan desde o outro lado do Atlántico La Cura e El VacÃo (ambas estreas en España), nas que o coreógrafo cubano Julio César Iglesias dirixe á prestixiosa CompañÃa Colombiana de Danza Contemporánea. Tamén a conferencia escénica Arder Épica (Cap. 1) na que o artista brasileiro Reinaldo Ribeiro constrúe unha nova memoria colectiva a partir das cinzas que deixou o incendio do Museo Nacional do Brasil en 2018. Forma parte tamén da programación a instalación inmersiva Hecatombe II: Movementos e rituais para a renovación do mundo, da colombiana de orixe indÃxena Martha Hincapié Charry, que rescata saberes ancestrais de lÃderes nativos das primeiras nacións americanas.