Notas de prensa

A sétima edición de 'No Bico un Cantar' centrarase na tradición musical da Raia

A nova edición do programa No Bico un Cantar estará centrada na tradición musical da Raia, e se celebrará o vindeiro 7 de xuño en Tui. Baixo o título de 'Nenas e nenos cantan na Raia', o proxecto unirá música galega e portuguesa. Neste sentido, convidouse a participar ao alumnado da Academia de Música da Fortaleza de Valença e da Academia de Música José Atalaya de Fafe, ambas do país veciño. Ademais deles participarán as alumnas e alumnos dos 7 conservatorios profesionais de Galicia.

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, presentaron hoxe en rolda de prensa a nova edición do programa No Bico un Cantar, que nesta sétima edición estará centrada na tradición musical da Raia, que se celebrará o vindeiro 7 de xuño en Tui. Na presentación participaron tamén o director xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, Anxo Lorenzo; o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín; e o coordinador da sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega, Maximino Zumalave.

Carmen Pomar explicou que nesta edición, baixo o título Nenas e nenos cantan na Raia, o proxecto unirá música galega e portuguesa. Neste sentido, convidouse a participar ao alumnado da Academia de Música da Fortaleza de Valença e da Academia de Música José Atalaya de Fafe, ambas do país veciño.

Ademais deles participarán as alumnas e alumnos dos 7 conservatorios profesionais dependentes da Consellería de Educación: Conservatorio Profesional de Música da Coruña, Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño (Ferrol), Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes (Lugo), Conservatorio Profesional de Música de Ourense, Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga (Pontevedra), Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela e Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Teñen tamén confirmada a súa presenza o Conservatorio Elemental de Música da Guarda, a Escola de Música Municipal de Mondariz, o Conservatorio Profesional de Música Reveriano Soutullo e a Escola de Música Municipal Vila do Corpus (ambos de Ponteareas), a Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal, a Escola de Música da Asociación Amigos da Música de Salceda de Caselas, o Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Escola de Música Municipal de Tui; e están convidados centros do Porriño e outros de Ponteareas.

O programa musical estará composto por San Campio (de Torres Creo), Veira d'o mar (de Reveriano Soutullo) e Oh rama, oh que linda rama (canción popular portuguesa). Ademais estrearase No rego do prado, creada polo compositor Alexis Rozas Losada para a ocasión, e rematarase, como é habitual, con Maio longo (de José Baldomir). Maximino Zumalave dirixirá o concerto, para o que o compositor Juan Durán realizou os arranxos musicais para coro de nenos. O alumnado, aproximadamente 500 rapazas e rapaces, será o encargado da interpretación vocal, acompañado polos metais de Hércules Brass.

Xornada de convivencia

Ademais do traballo previo de preparación das partituras, independente en cada centro participante, o día do concerto convértese nunha xornada de convivencia entre os participantes de toda Galicia vinculados polo interese común pola música. Ao mesmo tempo, tal e como destacou a conselleira, esta edición será “unha oportunidade para seguir avanzando no entendemento entre os dous lados da Raia e na posta en valor duns trazos culturais comúns que van máis aló dos Estados e que parten da tradición e convivencia de dous pobos ao longo dos séculos”. “Pensamos que é moi importante transmitir aos máis novos esta tradición e estes valores”, sinalou.

No Bico un Cantar é organizado en colaboración pola consellerías de Educación, Universidade e Formación Profesional e de Cultura e Turismo, polo Consello da Cultura Galega e polo concello no que se celebra cada ano, neste caso o de Tui. Nas súas seis primeiras edicións o proxecto estivo dedicado a Rosalía de Castro (2013, Santiago de Compostela), Curros Enríquez (2014, Celanova), Ramón Cabanillas (2015, Cambados), aos trobadores medievais (Cangas, 2016), aos poetas mindonienses (Mondoñedo, 2017) e aos alalás (Betanzos, 2018).

No bico un cantar, 2019-03-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES