Archivo (12 del 2019)

Buscador

Noticias

É Nadal e os Bolechas están na casa, porque vai moitísimo frío. Entón escoitan na televisión que un informe da axencia europea do medio ambiente sitúa o noroeste peninsular como unha das zonas que máis se verán afectadas polo quecemento do planeta. Os Bolechas fican arrepiados e van chamar o seu amigo o científico Estroncio Potasio que co seu aparello cuántico acelerado vai provocar algo terrible. De súpeto aparece un Lixontropo, unha das consecuencias do cambio climático.
Co lema “Cultura ata a medula”, o folclore chega un ano máis ao Concello de Ramirás, que acolle este ano a súa décimo terceira edición do Festival Internacional Rebulir (FIR). Convértese novamente no berce do certame que avoga dende os seus inicios por achegar mostras da cultura e tradición a todos os públicos, cunha gala central o sábado 21 no complexo polideportivo de O Picouto. En canto ás novidades desta XIV edición, destaca o actor Pepe Penabade como presentador da gala central.
A Fundación Juana de Vega, en colaboración coa Fundación Isla Couto e a Universidade de Vigo, presentou hoxe o informe “Impacto económico da enerxía eólica no medio rural galego: Contexto, cambios e oportunidades”, elaborado polo Observatorio Eólico de Galicia (OEGA). O OEGA nace da colaboración entre a Fundación Juana de Vega, a Fundación Isla Couto e a Universidade de Vigo.
O proxecto 'XuvenCiencia. Fago, logo aprendo', promovido e desenvolvido polo grupo de investigación docente homónimo do Campus Terra da USC e recoñecido pola Federación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) como unha das mellores propostas nacionais para o fomento da creatividade e de vocacións científicas entre o alumnado, dispón aínda dalgunhas prazas para docentes de ESO, BAC ou FP interesados en participar na sexta edición da Xornada XuvenCiencia para profesorado.
A feira de artesanía OFEITOAMAN, que se ven celebrando en Vigo dende 1985, celebra a súa edición número 35 no exterior do Centro Comercial A Laxe, dende mañán 18 de decembro ata o 5 de xaneiro. Este ano, a feira ten a satisfacción de contar ca participación de 21 expositores, entre os que se encontra o recente Premio Nacional de Artesanía, Elena Ferro. Tamén acude por primeira vez o obradoiro de ourivería “Ivindi” de Tomiño (Pontevedra).
A obra Las damas del canapé, de Juan Carlos Fernández León, é a gañadora do concurso de narrativa XXX Premio Literario Camilo José Cela. O xurado do certame tomou o acordo por unanimidade, tras varias valoracións e votacións, na súa reunión deste mediodía no Salón de Plenos do Concello de Padrón. Ao concurso presentáranse un total de 148 relatos. Las damas del canapé, que se presentou co lema Ana Celeste, foi valorada pola súa orixinalidade e estrutura.
Luís Paadín presentaba este luns, 16 de decembro, na D.O. Ribeira Sacra, a súa Guía de Viños de Galicia 2020 para a que se cataron máis de 1.500 viños e destilados. A D.O. Ribeira Sacra conta nesta Guía con 19 Medallas de Gran Ouro, 140 medallas de Ouro e 37 medallas de Prata. Recibe ademais 4 Trofeos Ampelos, estes premios outórganse desde hai 2 anos ás adegas cando obteñen 5 Grandes Ouros, sendo un recoñecemento ao esforzo, a constancia e a excelencia. Obteñen o Ampelos Adegas Moure, Algueira e Roberto Regal López
A Amtega quere contar coas achegas dos máis novos na elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030. Así, a Axencia autonómica lanza dous concursos, cuxos obxectivos son explorar a creatividade dos máis novos a través do debuxo ou a narración, estimular a reflexión sobre como a transformación dixital afectará a nosa Comunidade nos próximos 10 anos, así como sensibilizar sobre o impacto da dixitalización na nosa Comunidade e dar a coñecer o proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030.
Galicia camiña con paso firme e apoiándose nas ferramentas máis axeitadas para ser unha das primeiras rexións en alcanzar o ambicioso obxectivo da neutralidade climática. Así o proclamou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, encargada de conducir o evento 'Galicia resiliente: comunidade e clima' no marco do Cumio Mundial do Clima COP25, o encontro internacional máis importante sobre cambio climático e que reúne en Madrid a máis de 50 xefes de Estado e de Goberno.
Case duascentas actividades pecharán até fin de ano unha nova edición da Rede Cultural da Deputación da Coruña que neste 2019 ofreceu case dúas mil actuacións nos concellos da Coruña. A Rede Cultural da Deputación da Coruña pechará o ano 2019 cunha ampla programación nos concellos da Coruña, especialmente intensa nas actividades destinadas ao tempo de lecer no Nadal. Até fin de ano programaranse a través do circuíto cultural un total de 173 actividades.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (124)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES