Archivo (12 del 2019)

Buscador

Noticias

Trátase dun complemento do que se beneficiarán 38.500 galegas e galegos perceptores de pensións non contributivas, do Fondo de Asistencia Social e do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos. Estes 206€ serán ingresados de oficio e abonados nun único pagamento nos dez primeiros días do mes de xaneiro. Así se reflicte nos orzamentos de 2020 que contemplan unha partida destinada a esta finalidade.
Santiago acollerá, da man da Axencia de Coñecemento en Saúde, o debate experto arredor do futuro da innovación sanitaria. A primeira edición da xornada Fronteiras da Innovación Sanitaria 2019, con máis de 200 profesionais inscritos, permitirá examinar os avances reais na sanidade galega vencellados a proxectos de innovación, difundir as oportunidades existentes na compra pública innovadora ou explorar novos modelos de cooperación en materia de I+D+i.
Obradoiros infantís e concertos encherán o Tinglado do Porto de Vigo no Nadal Solidario, que abrirá as súas portas o vindeiro 16 de decembro, co Nacemento da Catedral de Santiago e as ONGs como principal reclamo. Un proxecto co que se procura pór o foco de atención sobre os aspectos máis tradicionais do Nadal, nun espazo pensado para todos os públicos, coas familias como prioridade.
A mellora dos resultados obtidos nos controis que realiza periodicamente o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia nas zonas de produción marisqueira permitiu que desde a semana pasada sete desas zonas de produción mellorasen a súa clasificación microbiolóxica, o que facilita o labor do sector. As análises realizadas nestas áreas de traballo revelaron de xeito continuado menores niveis de contaminación pola bacteria E. Coli.
Un total de 1.544 alumnos de educación infantil de 32 concellos poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel entre os días 10 e 20 de decembro, grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT. Os escolares de Marín, Celanova, Bande, Campo Lameiro e Xunqueira de Ambía serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará este martes, cunha duración de media hora en cada localidade.
Galicia continúa a manterse entre os mellores indicadores do Sistema Nacional de Saúde (SNS) na espera media cirúrxica con 56 días de espera media a xuño deste ano. En comparación co resto de servizos de saúde do Estado, Galicia é a cuarta situada na comparativa entre as comunidades autónomas. Sitúase despois de Madrid e A Rioxa, con 46 e 47 días respectivamente de espera media; e País Vasco, con 49 días.
O certame ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e a música editadas en Galicia e Portugal, así como achegar a cultura e a lingua de ambas partes, no marco das accións de desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. De feito, a iniciativa ten moi boa acollida entre alumnado e profesorado e está a contribuír a fomentar o estudo do galego e o portugués, ao ter a motivación engadida da música e a poesía.
O premio Álvaro Cunqueiro celebra a vixésimo quinta edición aumentando a súa dotación ata 8.000 euros, 2.000 máis que nas súas convocatorias anteriores. Deste xeito, o que é o galardón literario máis lonxevo de todos os que se desenvolven no ámbito teatral galego convértese tamén nun dos que contan cunha maior achega económica. O obxectivo é servir de estímulo á creación literaria no eido dramático, e procurar o seu maior recoñecemento e proxección.
O vicerreitorado do Campus de Lugo foi o lugar elixido para dar a coñecer o gañador do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, que convocan a Universidade de Santiago de Compostela e o grupo Aresa. Entre as 13 candidaturas presentadas este ano, finalmente o galardón foi para Asoporcel, Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta, pola posta en valor desta raza autóctona galega e dos seus produtos. O xurado prestou especial atención ás candidaturas que xerasen postos de traballo de calidade no rural.
O detector Califa, un novo calorímetro capaz de detectar partículas cargadas e radiación gamma dun rango enerxético sen precedentes, acaba de ser instalado no experimento R3B do acelerador FAIR en Darmstadt (Alemaña) para estudar a estrutura de núcleos atómicos ‘exóticos’ neste acelerador. O deseño e construción de Califa estivo liderado polo grupo da profesora da Facultade de Física Dolores Cortina, investigadora do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (134)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES