Notas de prensa

Califa, un novo detector deseñado en Galicia, conclúe a súa instalación no experimento R3B do acelerador FAIR en Alemaña

O detector Califa, un novo calorímetro capaz de detectar partículas cargadas e radiación gamma dun rango enerxético sen precedentes, acaba de ser instalado no experimento R3B do acelerador FAIR en Darmstadt (Alemaña) para estudar a estrutura de núcleos atómicos ‘exóticos’ neste acelerador. O deseño e construción de Califa estivo liderado polo grupo da profesora da Facultade de Física Dolores Cortina, investigadora do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).

A súa posta en marcha permitirá realizar experimentos de precisión aproveitando as vantaxes dos primeiros feixes de ións acelerados en FAIR. Con eles estudarase a estrutura e dinámica de núcleos atómicos inestables ou exóticos a partir de 2020.

No deseño e construción da estrutura mecánica do detector participaron, xunto coa USC, investigadores da Universidade de Vigo así como varias empresas galegas. Califa (CALorimeter for In-Flight detection of gamma- rays and high energy charged pArticles) permitirá a detección simultánea de partículas cargadas e radiación gamma nun rango enerxético que oscila entre os dous kiloelectrónvoltios (KeV) e as centenas de megaelectrónvoltios (MeV). A tecnoloxía de detección utilizada neste tipo de detectores así como as técnicas de reconstrución da información que se recada son comúns coas que se desenvolven en imaxe médica e son útiles para a diagnose de enfermidades.

R3B (Reactions with Relativistic Radioactive Beams) utilizará ións radioactivos a velocidades próximas ás da luz e permitirá desenvolver un amplo programa de investigación que abordará cuestións cruciais para a física nuclear, como o estudo de propiedades fundamentais dos núcleos atómicos e da forza responsable de unir os protóns e neutróns que os forman, ademais de reproducir as reaccións que teñen lugar nas estrelas, responsables de xerar a súa enerxía e crear os elementos visibles no Universo.

Un ‘Califa’ moi galego

Na construción de CALIFA, cuxo custo supera os 3,5 millóns de euros na súa primeira fase (22% dos cales foron financiados con fondos captados por este equipo) e máis de 5 millóns de euros en total, participou persoal investigador de Alemaña, Suecia e Rusia. Dentro de España, a contribución galega foi notable . Desde 2005, o IGFAE colabora co grupo CIMA de enxeñería mecánica da Universidade de Vigo, quen foi artífice do deseño da estrutura mecánica do detector xunto co Instituto de Estrutura de la Materia (IEM-CSIC). Ademais, empresas galegas especializadas encargáronse da fabricación de fibra de carbono, mecanizado de precisión e metroloxía.

FAIR

FAIR (Facility for Antiproton and Ion Research) é un novo centro de investigación internacional prioritario para a Comisión Europea, incluído na folla de ruta ESFRI 2018 que identifica as instalacións científicas prioritarias de interese paneuropeo. Un consorcio internacional contribúe a financiar os 1.500 millóns de euros que custará este laboratorio equipado cos máis potentes aceleradores de antiprotóns e ións pesados do mundo. Alí, máis de 3.000 persoas de 50 países estudarán a estrutura e propiedades da materia visible que forma o Universo, desenvolvendo labores de investigación básica e aplicada no campo da física nuclear. En España, participan máis de 50 investigadores do CSIC, o CIEMAT e as universidades Complutense de Madrid, Granada, Huelva, Politécnica de Barcelona, Sevilla, Santiago de Compostela e Vigo.

Universidade de Santiago de Compostela, 2019-12-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
Foto de la tercera plana (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES