
Trátase dun foro orientado ao estímulo de proxectos de investigación científica desde a aula a través do emprego de diversos kits previamente elaborados por profesores e investigadores da sede universitaria luguesa.
Os docentes de ensino medio das áreas de Bioloxía, Xeoloxía, Tecnoloxía ou Ciencias da Terra e do Medio Ambiente interesados en participar nas VI Xornadas XuvenCiencia para profesorado aínda poden formalizar a súa inscrición no formulario habilitado en liña. As actividades programadas no marco destas xornadas capacitan aos participantes para levar adiante auténticos proxectos de investigación a partir da experimentación, a recollida de datos, a observación e o seguimento rigoroso do método científico. As actividades propostas para cada un dos kits de XuvenCiencia están adaptadas aos distintos niveis dos currículos preuniversitarios e, asemade, son apropiados para o STEMBach e os clubs de ciencias.
O proxecto XuvenCiencia, coordinado pola profesora de Química Física do Campus de Lugo Mercedes Novo, incide nalgunhas das destrezas de levar a aprendizaxe científica e tecnolóxica da aula aos casos prácticos do día a día que máis se teñen en conta en avaliacións de calidade internacional como o informe PISA da OCDE. Como mostra da súa excelencia, este proxecto vén de ser valorado como o cuarto mellor proxecto dos máis de 250 de toda España presentados na categoría de Creatividade e vocacións científicas.
A experiencia XuvenCiencia é enteiramente práctica e baséase en 6 kits para a investigación nas aulas desenvolvidos por profesorado de Veterinaria, Química ou Enxeñaría Agroforestal do Campus de Lugo, e a través dos que se forma ao profesorado realizar proxectos de investigación científica de rastreo da humidade do solo grazas ao kit AquaLab, diagnóstico veterinario co kit Animal CSI e de cultivo de árbores in vitro, co kit Vitroplant. As persoas interesadas aínda poden acceder ás últimas unidades destes dispositivos, pero o resto dos kits ofertados na presente edición (DNA-Meat, Fotometrix e Photonics Explorer) xa están esgotados logo dunha moi boa acollida.
Daquela, os tres equipamentos científicos do programa XuvenCiencia que aínda están dispoñibles son o kit Vitroplant, que permite o cultivo de árbores in vitro; AquaLab, a través do que se pode medir a humidade dos solos e rastrear o cambio climático, e CSI Animal, un kit que introduce e achega ao alumnado ao diagnóstico veterinario.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.