Notas de prensa

'Las damas del canapé', de Juan Carlos Fernández León, gaña o XXX Premio Literario Camilo José Cela

A obra Las damas del canapé, de Juan Carlos Fernández León, é a gañadora do concurso de narrativa XXX Premio Literario Camilo José Cela. O xurado do certame tomou o acordo por unanimidade, tras varias valoracións e votacións, na súa reunión deste mediodía no Salón de Plenos do Concello de Padrón. Ao concurso presentáranse un total de 148 relatos. Las damas del canapé, que se presentou co lema Ana Celeste, foi valorada pola súa orixinalidade e estrutura.

O xurado destaca “a descarada voz narrativa que rompe as fronteiras do relato para dirixirse a un xurado ‘real’ ao que provoca, esixe e orienta na necesidade da situación idónea para comprender calquera experiencia de lectura”.

O autor

Juan Carlos Fernández León, madrileño residente en Fuenlabrada, é licenciado en Filoloxía Hispánica pola Complutense de Madrid. Na actualidade traballa como profesor de lingua e literatura nun Instituto de Educación Secundaria. É autor de relatos publicados en antoloxías colectivas e colabora nas revistas literarias Eñe, El problema de Yorick, Cuaderno Sie7e, Culturamas e Cuadernos del Matemático.

Entre outros premios, foi galardoado co XX Tiflos polo libro de contos De sótanos y azoteas, o Premio Nacional de Periodistas de Ávila, o Villa de Mazarrón-Antonio Segado del Olmo, o de Alsa ou o recente José Calderón Escalada. Foi finalista do Max Aub, de La Felguera, do Encarna León e do da UNED.

O xurado

O XXX Premio Literario Camilo José Cela 2019 tivo como xurado o seguinte:
- Presidenta: Lorena Couso, concelleira de Cultura do Concello de Padrón.
- Vogais:
o Anxo Abuín, profesor na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago (hoxe con ausencia xustificada por motivos laborais).
o Carmen Becerra, profesora na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
o Beatriz Vázquez, licenciada en filoloxía inglesa.
o Juan Casas, profesor na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago.
o Carlos Arias, funcionario da Consellería de Cultura da Xunta.
- Secretaria: Mª Cruz Taboada, funcionaria do Concello de Padrón.

O premio

Este certame, convocado polo Concello de Padrón para relatos orixinais e inéditos cunha extensión de entre 12 e 25 folios, ten un premio de 1.500 euros e unha estatuíña de Camilo José Cela. O certame, creado en outubro de 1989, serve de homenaxe perpetua á figura humana e literaria do autor nado en Iria Flavia, Premio Nobel de Literatura naquel ano.

Concello de Padrón, 2019-12-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
Foto de la tercera plana (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES