Notas de prensa

Os Bolechas presentan 'Nadal sen neve'

É Nadal e os Bolechas están na casa, porque vai moitísimo frío. Entón escoitan na televisión que un informe da axencia europea do medio ambiente sitúa o noroeste peninsular como unha das zonas que máis se verán afectadas polo quecemento do planeta. Os Bolechas fican arrepiados e van chamar o seu amigo o científico Estroncio Potasio que co seu aparello cuántico acelerado vai provocar algo terrible. De súpeto aparece un Lixontropo, unha das consecuencias do cambio climático.

A piques de comezar as vacacións de Nadal, os Bolechas presentan a nova proposta para gozar das festas en familia e en galego, “porque os Bolechas falan sempre a nosa lingua e grazas a eles tamén as nenas e nenos galegos aprenden e usan o galego no seu tempo de ocio”, explicou o secretario xeral de Política Lingüística, na presentación da nova xira. Valentín García Gómez deulles a benvida ao “pazo da lingua” a medio centenar de nenas e nenos do CEIP Mestre Rodríguez Xixirei que puideron coñecer en primicia os personaxes da nova proposta dos Bolechas que leva por título 'Nadal sen neve'.

Xunto co secretario xeral de Política Lingüística estiveron na presentación da xira Xaime Arias, director de Proxección Social da CRTVG, e Antonio Cortés, director de Mercadotecnia de Gadis, as dúas entidades que un ano máis colaboraron para facer posible este proxecto. Arias felicitou os Bolechas polo seu 20 aniversario e tamén por levar a escena este ano un tema de tanta importancia como é a necesidade de reducir a contaminación e loitar contra o cambio climático. “Nacións Unidas vén de marcar 17 obxectivos de desenvolvemento sostible e a TVG fixo deses obxectivos a súa bandeira, polo que estamos moi orgullosos de poder colaborar nesta iniciativa que incide nunha desas metas: a loita contra o cambio climático”, dixo Xaime Arias. Tamén Antonio Cortés mostrou a súa satisfacción porque Gadis colabore un ano máis cos Bolechas e recordou que a compañía que representa “está a levar a cabo máis de 300 actividades de apoio á lingua galega”.

Pola súa banda Tomás Valín, da Editorial Bolanda, agradeceu a todas as entidades que “un ano máis fan posible levar a ilusión a decenas de familias galegas que esperan con expectación a xira de nadal dos Bolechas”. A xira comezará en Curtis o 21 de decembro e rematará o día 30 en Redondela. En total oito localidades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) poderán gozar desta nova proposta dos Bolechas.

Nadal sen neve

É Nadal e os Bolechas están na casa, porque vai moitísimo frío. Entón escoitan na televisión que un informe da axencia europea do medio ambiente sitúa o noroeste peninsular como unha das zonas que máis se verán afectadas polo quecemento do planeta. Os Bolechas fican arrepiados e van chamar o seu amigo o científico Estroncio Potasio que co seu aparello cuántico acelerado vai provocar algo terrible. De súpeto aparece un Lixontropo, unha das consecuencias do cambio climático. A Lixontropo encántalle a calor polo nadal e tamén comer fume de coche, cueiros, porcalladas e… Lixo, lixo, lixoooo! Poderán facer algo os Bolechas?

Programación

21 DE DECEMBRO: CURTIS
Salón Multiusos do Recinto Feiral de Curtis Horario: 17 h

22 DE DECEMBRO: PADRÓN
Auditorio Municipal Horario: 18 h

23 DE DECEMBRO : CAMBADOS
Salón de Congresos e Exposicións José Peña Horario: 17.30 h

26 DE DECEMBRO : CUNTIS
Centro Socio Cultural e Xuvenil José Raído “Patelas” Horario: 18 h

27 DE DECEMBRO : VIANA DO BOLO
Casa da Cultura de Viana do Bolo Horario: 19 h

28 DE DECEMBRO: POBRA DO BROLLÓN
Casa da Cultura Olga Novo Horario: 18 h

29 DE DECEMBRO : OUTES
Auditorio da Casa da Cultura Horario: 19 h

30 DE DECEMBRO : REDONDELA
Multiusos da Xunqueira Horario: 18.30 h

20 anos cos Bolechas

Os Bolechas celebran o seu 20 aniversario. O primeiro libro da popular familia creada por Pepe Carreiro viu a luz no ano 2000. Desde entón, con máis de 650 títulos publicados e máis de 1.750.000 exemplares distribuídos, teñen unha verdadeira lexión de fans que seguen con paixón as súas aventuras, ben sexa a través dos seus libros, da televisión, nas propostas escénicas ou nas saídas á rúa.

Asemade, Os Bolechas falan sempre en galego, de forma que contribúen á divulgación e á formación da poboación infantil na lingua propia, e sempre mediante o pracer e o divertimento. Isto converteunos nun referente e na serie de maior éxito da historia editorial de Galicia.

20 anos compartindo aventuras, soños e ilusións!

Os Bolechas, 2019-12-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES