Archivo (1 del 2019)

Buscador

Noticias

O Festival Noroeste Estrella Galicia continúa coa súa programación prolongada ao longo de todo o ano grazas á Selección Noroeste, o seu ciclo de directos singulares para padais exquisitos, que regresa neste comezo de 2019 con tres novos concertos para gozar das mellores bandas e artistas desde o patio de butacas.
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia presentou o Obradoiro de Novela Cidade da Cultura, unha actividade pensada para axudar a desenvolver o talento de novos valores na literatura galega. Os participantes no curso aprenderán da man de escritores e escritoras galegas de éxito e co apoio dunha axencia literaria profesional, Rolling Words, que lles brindará a súa experiencia no mundo da edición e mesmo servirá de ponte ao profesionalismo para aqueles cun desempeño sobresaínte.
Esta mañá tivo lugar en Madrid, na sede do Ministerio de Industria Comercio y Turismo, a I Asamblea Ordinaria da Rede de Cidades AVE 2019, que estivo presidida pola ministra Reyes Maroto e pola secretaria de Estado de Turismo de España, Isabel María Oliver Sagreras, e contou co concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Jorge Pumar, como representante do Concello de Ourense.
Artistas, público, editoriais, institucións e librarías daranse cita a vindeira fin de semana na Feira de Edición e Libro Ilustrado (FëLiiC) e os encontros Open Miic que a Deputación da Coruña organiza como actividades paralelas á Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea en Santiago de Compostela.
Este mércores o Ateneo de Santiago e Histagra Grupo de Investigación da USC presentarán o último ensaio publicado pola editorial Galaxia titulado Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, edición de Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho. O acto (19:30, sede de Afundación) contará coa participación dos Catedráticos de Historia Contemporánea da USC Ramón Villares e Lourenzo Fernández Prieto.
O profesor ad honorem na Facultade de Humanidades do campus de Lugo da USC Max Jean Zins abordará este martes 22 de xaneiro, a partir das 20.00 horas, a situación xeopolítica do subcontinente indio a no marco xornada de clausura do ciclo ‘Unha viaxe por España a través da India’, un programa de relatorios a través do que Max Jean Zins afondou sobre as semellanzas advertidas entre estes dous países, ao tempo que tratou outras problemáticas análogas en ambos territorios.
Poderanse acoller as pemes que conten con plans empresariais que oscilen entre os 50.000 e os 2 millóns de euros e que pertenzan a algún destes sectores: industrias extractivas; industria manufactureira; tratamento e eliminación de residuos; reparación de vehículos de motor e motocicletas; depósito, almacenamento e manipulación de mercadorías; hoteis e aloxamentos similares; información e comunicacións; e servizos técnicos ou outros servizos de apoio a industria.
A nova programación de artes escénicas de Santiago ofreceralle ao público compostelán 25 espectáculos, dos que 10 chegan á cidade a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), o circuíto de exhibición que a Consellería de Cultura e Turismo promove a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e en colaboración coas entidades locais xestoras dos seus 40 espazos asociados.
Trinta e dous anos despois de deixar a súa terra natal, Carla volve ao seu pobo despois de ter conseguido unha existencia acorde á súa identidade e xénero. Durante o documental e o debate posterior a actriz e activista fará balance do camiño percorrido. O 19 de xaneiro terá lugar unha proxección organizada pola Deputación da Coruña en colaboración co movemento LGTBI. O filme foi gañador do premio ao Mellor Documental nacional e internacional e Premio á mellor obra española en Lesgaicinemad 2014.
Trátase dun traballo que intenta mellorar a concienciación social sobre os problemas emocionais e os trastornos mentais, procurando reducir o estigma asociado con eles. O proxecto galego de biblioterapia rexistra inicialmente 142 libros recomendados para apoiar o proceso terapéutico de trastornos e problemas moi variados. É unha lista coidadosamente seleccionada, avaliada e validada por expertos tanto do eido sanitario como do literario-lector.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (120)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES