Archivo (1 del 2019)

Buscador

Noticias

A técnica, desenvolvida por un equipo dirixido polo investigador do CiMUS Marcos García Fuentes en colaboración co Instituto de Saúde Carlos III e a Universidade de Nottingham, está chamada a mellorar a situación dos enfermos con glioblastoma multiforme (GBM), o tumor cerebral máis común e letal, e cuxa taxa de supervivencia aos cinco anos é menor do 5%.
Afundación presenta en Ferrol a exposición fotográfica «Terras de salitre. Cristina Mittermeier», un percorrido polas zonas do mundo nas que o ser humano explota os recursos marítimos dunha forma respectuosa e sustentable realizado pola fotógrafa mexicana Cristina Mittermeier. A mostra, conformada por fotografías de Grenlandia, Hawai, India, Madagascar, Columbia, Abralhos, a Antártida e Galicia, inaugurarase o 24 de xaneiro na Sede Afundación de Ferrol.
O xurado do XIX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un certame promovido de xeito continuado desde o ano 2000 polo grupo empresarial Aresa en colaboración coa USC, acordou distinguir con este galardón, dotado con 10.000 euros, o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) pola achega para facer da “agricultura ecolóxica un dos principais motores de desenvolvemento rural tanto en Galicia”.
Galicia despediu o ano 2018 cun mes de decembro atípico, con temperaturas medias por riba do habitual e menos choivas das esperadas. Así se desprende do informe climatolóxico mensual de MeteoGalicia, no que se conclúe que o mes pasado se caracterizou por ser seco e moi cálido. Por outra banda, a masa de aire frío polar continental entrará hoxe na península polo leste deixando ao seu paso por esta zona e no norte do país unha baixada significativa das temperaturas.
Investigadores da Universidade de Santiago lideran o traballo científico que a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) acaba de distinguir co Premio de Investigación Ernesto Viéitez 2018 e que propón o uso de nanopartículas para aplicar terapias diana capaces de frear a metástase do cancro de colon no fígado. O equipo da USC conta ademais coa colaboración de científicos vascos, franceses e alemáns.
O IGVS destinará este ano un total de 52,7 millóns de euros a distintas convocatorias de axudas dirixidas a facilitar o acceso á vivenda e a rehabilitación de inmobles en Galicia. A través destes 16 programas de subvencións prevese a concesión de arredor de 9.500 axudas que beneficiarán a máis de 6.000 familias galegas en 2019 e tamén nos exercicios seguintes, xa que algunhas das axudas manteranse durante varios anos.
Alumnos de 150 centros de educación primaria e secundaria de toda Galicia poderán participar no primeiro concurso de fotografía creativa #eusonpilabot, enmarcado na campaña de sensibilización ambiental Pilabot, que busca fomentar a recollida selectiva de pilas, baterías e acumuladores entre a poboación escolar e as súas familias.
A sala de exposicións da Delegación territorial da Xunta en Lugo acolle ata o vindeiro 14 de xaneiro a mostra das 25 obras pictóricas presentadas á XXIX edición do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, unha das iniciativas culturais convocadas ao abeiro do Belén Electrónico de Begonte, declarado de interese turístico galego.
Fai catro anos, Carlos Morales puxo en marcha un proxecto baixo o nome Fear of Missing Out, onde pretendía dar a coñecer os problemas de saúde mental en primeira persoa partindo dun disco como proposta inicial. A partir de aí, a iniciativa tomou vida propia e acabou derivando en Disorders, un proxecto artístico multicisciplinar no que participaron múltiples persoas con problemas de saúde mental de todo o mundo.
Coincidindo co ano do 25 aniversario do recoñecemento ao Camiño Francés como Patrimonio Mundial da Unesco que se conmemorou en 2018, a Consellería de Cultura e Turismo vén impulsando a exposición O Camiño de Santiago debuxado, que permanece no Museo das Peregrinacións e de Santiago da capital galega durante este mes de xaneiro.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (118)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES