Notas de prensa

O XIX Premio Aresa recae no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia por ser 'motor de desenvolvemento rural'

O xurado do XIX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un certame promovido de xeito continuado desde o ano 2000 polo grupo empresarial Aresa en colaboración coa USC, acordou distinguir con este galardón, dotado con 10.000 euros, o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) pola achega para facer da “agricultura ecolóxica un dos principais motores de desenvolvemento rural tanto en Galicia”.

A decisión adoptada por unanimidade polo xurado do XIX Premio Aresa, presidido polo reitor da USC, Antonio López, e do que tamén forman parte o ex director xeral de Agricultura da UE José Manuel Silva; o presidente de Aresa; Ãlvaro Rodríguez Eiras; o director xeral de Capsa Food, José Armando Tellado, e a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, salientou asemade o “carácter multisectorial” das actividades reguladas e/ou supervisadas polo Craega, “unha iniciativa a través da que tamén se contribúe á xeración de riqueza, creación de emprego e diversificación de actividade e producións”, relatou o propio Silva Rodríguez, quen tamén fixo fincapé no feito de que “a agricultura ecolóxica, que agora está de moda, é un dos factores que máis está a contribuír ao relevo xeracional no sector agrario e gandeiro, e que, en consecuencia, favorece a implantación de mozos e mozas no eido rural”.

O reitor da USC, Antonio López, recalcou asemade que a candidatura gañadora do XIX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural contribúe á mellora do benestar das persoas que viven e traballan no medio rural, ao tempo que axuda a poñer en valor unha forma de vida ligada a un sector primario que é moi importante tanto na provincia de Lugo como no conxunto de Galicia.

Daquela, Antonio López, trasladou os seus parabéns tanto ao Craega como ás demais candidaturas participantes nesta edición do Premio Aresa, á que concorreron tamén Asoporcel, Galo Celta, Atelier Bisqato, Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, Denominación de Orixe Protexida DOP Cebreiro, Miceltia, Sistema de deshidratación alimentado por enerxía solar para produtos agroalimentarios, Cátedra do Pan e do Cereal da USC e Proxecto H2GZ Raising Water Para e Por Galicia. López tamén aproveitou o acto de comunicación pública do fallo do xurado do Premio Aresa para amosar o agradecemento da USC ao grupo empresarial Aresa pola convocatoria deste recoñecido galardón de xa longa traxectoria.

O presidente fundador de Aresa, Ãlvaro Rodríguez Eiras, destacou na súa intervención a calidade das candidaturas presentadas a esta convocatoria e agradeceu o apoio da USC para a organización do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. Rodríguez Eiras avanzou asemade que a cerimonia de entrega do XIX Premio Aresa desenvolverase previsiblemente o día 8 de marzo de 2019 no auditorio da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo.

Premiados nas edicións anteriores

Na traxectoria do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón creado no ano 2000 e que acadou un recoñecido prestixio no sector, figuran premiados como o profesor da USC Javier Guitián (en 2001), a Aula de Produtos Lácteos (2002) ou a Facultade de Veterinaria (2008). Fóra do ámbito universitario, outros gañadores foron a IXP Ternera Gallega (2004), o programa de TVG ‘O Agro-labranza’ (2005), a D.O. Ribeira Sacra (2006), a Asociación de Criadores de Rubia Galega - Acruga (2010) e a Sociedade Agraria de Transformación ‘Montes de Trabada’ (2011).

Recibiron tamén este galardón o director xeral de Agricultura da Comisión Europea, o lucense Xosé Manuel Rodríguez Silva (2003); os impulsores da queixería Casa Macán (2007); e empresas como a industria cárnica Nova Novafrigsa (2000), Ingapán (2009), Champivil (2012), Alibós Galicia, que foi a gañadora da edición de 2013, e a Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa, que recibiu este galardón na súa edición de 2014. O grupo empresarial galego Agroamb, que atopa a súa sede empresarial no concello lugués de Castro de Rei, resultou merecedor do premio na edición de 2015, mentres que o galardón recaeu na Asociación Ovica en 2016 e na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) da USC o pasado ano 2018.

Universidade de Santiago de Compostela, 2019-01-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ãtaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES