Notas de prensa

Ãbrese o prazo para que escolares galegos poidan participar no concurso fotográfico 'Eu son Pilabot'

Alumnos de 150 centros de educación primaria e secundaria de toda Galicia poderán participar no primeiro concurso de fotografía creativa #eusonpilabot, enmarcado na campaña de sensibilización ambiental Pilabot, que busca fomentar a recollida selectiva de pilas, baterías e acumuladores entre a poboación escolar e as súas familias.

Os rapaces interesados terán de prazo para inscribirse e poder enviar as súas fotos entre mañá e o próximo 25 de xaneiro. Para participar tan só teñen que cumprimentar un formulario específico dentro da web www.pilabot.gal e aceptar as bases do concurso. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, un xurado conformado por representantes da Xunta e de SCRAP (sistema de responsabilidade colectivo ampliado de produtor do que forma parte Ecolec) farán unha preselección das obras finalistas; e do 1 ao 10 de febreiro, todas as fotos escollidas serán publicadas na páxina de Facebook de Pilabot.

Os gañadores decidiranse en función do número de gústame recibidos nas redes sociais de modo que o autor da fotografía que obteña o maior número obterá como primeiro premio unha tablet, o que quede na segunda posición levarase un altofalante bluetooth e o que quede en terceiro lugar, unha pulseira de fitness.

A campaña Pilabot, posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente coa colaboración dos xestores de Ecopilas, ERP e Ecolec, arrincou oficialmente o pasado 1 de outubro coa presentación e xestión das inscricións dos centros educativos interesados en participar. En total, 150 colexios de toda Galicia (53 da provincia de A Coruña; 15 de Lugo; 31 de Ourense; e 51 de Pontevedra) están adheridos a Pilabot para o curso 2018-2019.

Esta campaña inclúe tamén como actividade estrela un concurso de reciclaxe de pilas, de forma que os centros participantes que consigan as mellores cifras de recollida recibirán un premio económico para a compra de material escolar ou deportivo. Concretamente, estableceranse catro premios: dous, dotados con 2.500 euros cada un, para o centro escolar que máis quilos de pilas reúna e tamén para o que máis quilos recolla por alumno; e outros dous, de 1.250 euros, para os colexios que queden en segunda posición.
Entre as actividades programadas, que se prolongarán ata o mes de marzo cunha festa final e a entrega de premios aos gañadores dos concursos, tamén se incluirán accións informativas e charlas educativas nos propios centros, coa entrega de información e material sobre a campaña e a reciclaxe de pilas, así como actividades participativas.

Campaña ata marzo

Cómpre lembrar que este tipo de residuos teñen unha alta carga contaminante. A modo de exemplo, unha soa pila de botón, como a que se emprega nun reloxo, pode contaminar ata 600.000 litros de auga, o que equivale ao consumo de 30 persoas durante toda a súa vida polo que resulta primordial que este tipo de residuo se deposite no colector correspondente para darlle o tratamento axeitado.

Ademais, as pilas atópanse en múltiples dispositivos, como xoguetes, cámaras, lanternas, reloxos... polo que desde a Consellería de Medio Ambiente considérase fundamental fomentar a súa correcta separación non só nos fogares, senón tamén nos traballos, centros de ocio e colexios, un dos mellores lugares para trasladar ás futuras xeracións a importancia de separar ben e depositar estes residuos en contedores específicos.

En todo caso, nos últimos anos tense incrementado de forma notable a concienciación da poboación galega con respecto ao tratamento das pilas, pero aínda queda camiño por andar. Segundo as cifras de 2017 (últimos datos dispoñibles), en Galicia recuperáronse 225.356 quilos de pilas, o que supón un incremento dun 23% nos últimos 9 anos.

Pilabot, 2019-01-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES