
Asistirán tamén o Membro do Consello Fiscal e Ex-Presidente da UPF Álvaro García Ortiz, os autores Aldara Cidrás Fuentes, Contratada Predoutoral de Histagra, e Antonio Míguez Macho, Profesor de Historia Contemporánea da USC, e o Director Xeral de Galaxia Francisco Castro.
Nesta obra os autores contan a historia das dimensións sociais dos golpistas e os seus colaboradores: canto se estende a marcha da violencia do golpe; os golpistas perseguindo ás autoridades, comezando polas militares; e como foron fusiladas autoridades civís, militares, policiais e administrativas sen que imaxinasen que ían ser executadas porque esa posibilidade non formaba parte do seu mundo nin da súa experiencia vital e política.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.