Notas de prensa

Ourense será a sede da vindeira Asamblea da Red de Ciudades AVE a nivel estatal

Esta mañá tivo lugar en Madrid, na sede do Ministerio de Industria Comercio y Turismo, a I Asamblea Ordinaria da Rede de Cidades AVE 2019, que estivo presidida pola ministra Reyes Maroto e pola secretaria de Estado de Turismo de España, Isabel María Oliver Sagreras, e contou co concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Jorge Pumar, como representante do Concello de Ourense.

Así, no transcurso do encontro, o edil ourensán manifestou o interese do Concello de Ourense de acoller na cidade a vindeira xuntanza deste órgano.“O feito de que Ourense forme parte desta asamblea, e que o vindeiro ano será clave para a chegada do AVE a Galicia, é de xustiza que sexa a cidade das Burgas a que acolla a vindeira asamblea a nivel estatal para capitalizar todo o necesario para preparar á cidade cara a chegada da Alta Velocidade”, sinala Jorge Pumar.

Esta petición contou co respaldo, por unanimidade, de todos os membros asistentes á Asamblea de la Red de Ciudades AVE.

A Red de Ciudades AVE, -que integra capitais coma Sevilla, Málaga, Valencia, Barcelona ou León, entre outras- é o produto turístico resultante da fusión do tren como medio de transporte sustentable, rápido e eficaz por excelencia e o patrimonio das cidades que a forman.
A Asociación ten dous tipos de produtos turísticos: Escapadas en AVE, que engloba viaxe en AVE, hoteis a prezos especiais e actividades de lecer no destino. Unha oportunidade para coñecer e vivir cada cidade.

O segundo produto é Renfe Spain Pass, un servizo de billetes dirixido exclusivamente aos turistas estranxeiros o que supón unha nova forma de viaxar e que, ademais, facilita os desprazamentos podendo coñecer varios destinos da Rede de Cidades AVE nunha mesma escapada. Pódense elixir entre 4, 6, 8 e 10 viaxes e compralos ata con seis meses de antelación. Está dispoñible en dúas categorías, turista e Business, tanto para nenos como para adultos.

Concello de Ourense, 2019-01-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES