Notas de prensa

Presentado o proxecto Biblioterapia, para a concienciación social sobre os trastornos emocionais e mentais

Trátase dun traballo que intenta mellorar a concienciación social sobre os problemas emocionais e os trastornos mentais, procurando reducir o estigma asociado con eles. O proxecto galego de biblioterapia rexistra inicialmente 142 libros recomendados para apoiar o proceso terapéutico de trastornos e problemas moi variados. É unha lista coidadosamente seleccionada, avaliada e validada por expertos tanto do eido sanitario como do literario-lector.

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, asistiu hoxe á presentación do proxecto Biblioterapia, lecturas saudables, no que a Consellería de Cultura e Turismo colabora coa de Sanidade a través da Rede de bibliotecas públicas de Galicia. Trátase dun traballo que intenta mellorar a concienciación social sobre os problemas emocionais e os trastornos mentais, procurando reducir o estigma asociado con eles.

A idea inicial de poñer en marcha este proxecto xurdiu durante unha colaboración da Consellería de Sanidade con pacientes afectados por depresión e as súas familias. Con este punto de partida, a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) comezou a traballar na articulación dunha iniciativa para revisar a evidencia científica dispoñible sobre o uso dos libros con fins terapéuticos e na súa implementación. O seu obxectivo é o apoio a persoas con trastornos mentais, tales como depresión ou ansiedade, entre outros. Ademais, as lecturas propostas serán tamén de utilidade para os profesionais que van recomendalas como apoio terapéutico.

Para poder levar a cabo este proxecto, formouse un grupo de traballo con experiencia na materia. Nel integrouse a todos os axentes implicados, dende os profesionais do Servizo Galego de Saúde ata persoas con experiencia en grupos de lectura, profesionais de Bibliosaúde (Biblioteca Virtual do Sistema Público de Saúde de Galicia) e da Rede de bibliotecas públicas de Galicia. O seu labor, que se prolongou durante un ano, foi imprescindible para conseguir unha listaxe de libros avaliada e consensuada dende unha triple perspectiva: clínica, literaria e lectora. O resultado é un conxunto de libros para nenos, adolescentes e adultos que poden ser empregados como apoio ou como complemento no seu tratamento, en grupos de lectura ou directamente polas persoas interesadas.

Rede de bibliotecas públicas

O proxecto galego de biblioterapia rexistra, como punto de partida, 142 libros recomendados para apoiar o proceso terapéutico de trastornos e problemas moi variados. Trátase dunha lista coidadosamente seleccionada, avaliada e validada por expertos tanto do eido sanitario como do literario-lector e conta tamén con achegas dos pacientes a través de asociacións do ámbito da saúde mental, como Feafes Galicia e Itinera.

As lecturas que aparecen na guía están clasificadas en relación ao tipo de trastorno ou problema para o que poden servir de apoio tamén en función da idade dos destinatarios. Están presentadas en dous grandes bloques: libros de autoaxuda e psicoeducación, recomendados polos profesionais sanitarios, nos que se ofrecen técnicas e información para comprender e afrontar os problemas; e novelas e libros de non ficción, recomendados por pacientes e expertos en literatura e biblioterapia, que son unha fonte de experiencias persoais, emocións e coñecementos sobre a vida, e nos que o paciente se pode ver reflectido e atopar un reforzo positivo.

A edición en papel das obras estará dispoñible nas bibliotecas dos principais hospitais de Galicia e nas bibliotecas públicas que xestiona a Xunta de Galicia na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo. Nestas últimas poderán retirarse presentando o carné de usuario/a da Rede de bibliotecas públicas de Galicia. As obras en formato electrónico dalgúns títulos poden consultarse na plataforma de préstamo da Rede de bibliotecas públicas, GaliciaLe.

Ademais do director xeral de Políticas Culturais, no acto tamén estiveron a subdirectora xeral de Bibliotecas e do Libro, Cristina Rubal González; a xerente da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), Beatriz Allegue Requeijo; a xefa de servizo do Sistema bibliotecario de Galicia, Consuelo Meiriño Sánchez; a representante de Bibliosaúde, Uxía Gutiérrez Couto; e a xefa de servizo de Saúde Mental e Atención á Drogodependencia, María Tajes; a xefa de servizo da Unidade de Asesoramento Científico-técnico, Avalia-t, María José Faraldo Vallés; e os directores e directoras das bibliotecas centrais territoriais de xestión autonómica: Mª Sol González Regal, da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés; Jesús Torres Junquera, da Biblioteca Pública de Santiago Ãnxel Casal; Mª Elena García Pazos, da Biblioteca Pública de Lugo; Rosa Mª Díaz Naya, da Biblioteca Pública de Ourense; Alejandra Mª Mosquera Souto, da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola; e Inmaculada Serrano Plaza, da Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel.

Proxecto Biblioterapia, 2019-01-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (coralinda-elefante-elegante.jpg) Coralinda é unha comedia xestual dirixida a público familiar e infantil. A través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, a obra constrúe un universo cómico e poético que transita do realismo á hipérbole da vida cotiá. Unha proposta escénica ao estilo dos debuxos animados que aborda a temática da inmigración e do medio ambiente desde o humor, a poesía visual e a emoción. A obra convida a reflexionar sobre as experiencias das persoas que viaxan lonxe da súa terra.
Foto de la tercera plana (festival.jpg) Foi presentadoo o novo festival Sons de Vigo que se celebrará do 27 de marzo ao 4 de abril no Ifevi. Este evento aposta tanto por grandes nomes do panorama nacional como por artistas locais da escena galega. A presentación, celebrada no Paseo das Avenidas, xunto ao monumento a Julio Verne como un dos símbolos de Vigo, contou coa actuación de Castle e Milutxo, músicos locais que ofreceron varios dos seus temas. Sons de Galicia forma parte da programación dos Concertos do Xacobeo organizados pola Xunta de Galicia, unha iniciativa que impulsa a celebración de grandes citas musicais en Galicia. O ciclo comezará o 27 de marzo con Lingua Urbana, un dos cinco eventos musicais que acollerá o Ifevi dentro desta programación.

Notas

Os 'Encontros de Lúa Chea', un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e incluído dentro da programación da Primavera Cultural, ofrece o xoves 26 de marzo, ás 19.00 horas, na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo, o faladoiro ‘Medios de comunicación: información ou desinformación na era das fake news'.
A Ãrea de Normalización Lingüística da UVigo, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, organiza entre os meses de marzo de abril a 3ª edición do ciclo A lingua galega no cinema, que inclúe a proxección dunha decena de pezas audiovisuais entre documentais, curtas, animación e longametraxes. O ciclo arrancará o luns 23 coa proxección, do documental 'Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe', dirixido pola catedrática da UVigo María José Bravo Bosch.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES