Archivo (9 del 2018)

Buscador

Noticias

Unha mostra de cine ao redor das mellores rutas culturais, ecolóxicas e de peregrinación de todo o mundo completará o programa de actividades do World Trails Conference, o congreso internacional impulsado por Turismo de Galicia que reunirá a partir do vindeiro mércores 26 de setembro en Santiago de Compostela a representantes dunha selección dos mellores itinerarios dos cinco continentes.
El Festiclown Palestina 2018, organizado por Pallasos en Rebeldía y dirigido por el clown Iván Prado, se celebra desde el pasado 17 de septiembre y hasta el día 30, por quinto año, con la ‘mision’ de llevar risas y música a los corazones, teatros y plazas, de los palestinos de Cisjordania. Durante cuatro días la ciudad de Nablus vió sus calles invadidas de arte y esperanza y cientos de niñas y niños vivieron la magia del circo en sus colegios.
Por terceiro ano consecutivo Regueifas de Ciencia, a serie de debates en formato Oxford arredor de temas científicos controvertidos, volve celebrarse na Facultade de Ciencias da Comunicación. Será o día 27 cando teña lugar a primeira, cunha sesión sobre a validez e seguridade da enerxía nuclear. O equipo favorable á enerxía nuclear contará con físico de neutrinos e profesor no IKERBASQUE Juan José Gómez Cadenas e co catedrático de física atómica e nuclear na USC, Bernardo Adeva Andany.
Organizada por Xermolos e a Irmandade Manuel María, no Pedregal de Irimia (Meira), comprenderá a entrega de MANS DE IRIMIA, obra do escultor meirego Manolo Pardo, á memoria de Xabier Puente Docampo e á de José da Flor. Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero) dará lectura ao Manifesto da Festa, e os actos rematarán ás 16:30, na Praza do Concello, cun festival a cargo das Pandeireteiras Nove Ferreñas de Meira e outras agrupacións musicais.
Rairiz de Veiga leva 175 anos a representar o combate entre mouros e cristiáns no marco da 'Romaría da Saínza' que este ano ofrecerá un completo programa de actividades para tódolos públicos. A presentación tivo lugar no Pazo Provincial de Ourense, e participaron o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade; o presidente da Asociación socio-cultural Amigos da Romaría da Saínza, Julio Domínguez; e a colaboradora do evento, Ana Belén Míguez.
A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), no marco das súas actividades como aliado do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), inicia un ciclo de doce charlas informativas sobre o uso de dispositivos móbiles.
Destacados especialistas no ámbito da historia antiga, das relixións e da arqueoloxía reuniranse en Santiago entre este mércores 19 e o venres 21 no congreso internacional ‘ Prisciliano e Gallaecia: arqueoloxía e textos’, organizado polo grupo de investigación da USC ‘Síncrisis: investigación en formas culturais’, grupo de referencia competitiva da Xunta de Galicia baixo a coordinación do profesor Pedro López Barja de Quiroga.
O Auditorio Municipal de Ourense acolle este xoves 20 e o venres 21 a estrea de Celebración. A gran noite, espectáculo co que a compañía Sarabela Teatro leva a escena un texto de Fernando Dacosta baixo a dirección do vigués Dani Salgado. Fina Calleja, Nate Borrajo, Sabela Gago, Elena Seijo e Fernando Dacosta interpretan a nova proposta da compañía ourensá, na que se verán os deseños de José Faro (escenografía), Baltasar Patiño (iluminación), Ruth Pereira (vestiario) ou Raquel F. Fidalgo (maquillaxe e caracterización).
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá organiza un ano máis, e xa son 40, a Semana de Cine de Autor de Lugo, que ata o 21 de setembro proxectará na Cidade das Murallas máis de 165 cintas de países de todo o mundo organizadas en 13 ciclos: Sección oficial, Ciclo infantil, O mellor do ano, E para comer... Lugo, Arte e cine, Ciclo Cáceres, Grandes historias, Sección especial, Encontros de cine, Cine nostálxico, Curtas de cine e Cine galego. A Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo botou a andar en 1979.
A compañía Redrum Teatro estrea a comedia musical “Contos do Recreo”, o vindeiro domingo 23 de setembro ás 12.00 h. no Auditorio Municipal de Ourense. Trátase dun proxecto multidisciplinar composto por un espectáculo teatral e un álbum ilustrado co mesmo nome. Está dirixido a público familiar e conta cun grande contido educativo, xa que trata de concienciar sobre as consecuencias do acoso escolar, tal e como xa fixera no seu anterior espectáculo “A Nena Que Quería Navegar”, pero desta vez centrándose na figura dunha nena acosadora.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (129)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES