Notas de prensa

A enerxía nuclear inaugura a terceira edición das Regueifas de Ciencia

Por terceiro ano consecutivo Regueifas de Ciencia, a serie de debates en formato Oxford arredor de temas científicos controvertidos, volve celebrarse na Facultade de Ciencias da Comunicación. Será o día 27 cando teña lugar a primeira, cunha sesión sobre a validez e seguridade da enerxía nuclear. O equipo favorable á enerxía nuclear contará con físico de neutrinos e profesor no IKERBASQUE Juan José Gómez Cadenas e co catedrático de física atómica e nuclear na USC, Bernardo Adeva Andany.

Na posición contraria estarán a profesora de Física da USC e especialista en desenvolvemento Sostible Ãngeles Lopez Agüera e o enxeñeiro en Telecomunicacións e experto en Enerxía, sostibilidade e crecemento económico Marcel Coderch.

Os debates, en directo, streaming ou gravados

Os debates poden ser seguidos en directo dende a sala e por streaming, e poden ser vistos despois a través da canle de YouTube. “Tratamos de facilitar que calquera persoa interesada poida acceder a eles. Mesmo poden preguntar aos relatores dende a casa e ser respondidos”, comentan dende o equipo organizador.

Ao longo das dúas edicións anteriores tratáronse temas como a experimentación animal, modificación xenética, industria alimentaria, seguridade e privacidade dixital, ciencia e inmortalidade ou ciencia e fe. Para tratar estes temas, visitaron a sala de debate reputados especialistas como JM Mulet, Antonio Martínez Ron, Paloma Llaneza, Julio Basulto, Marta Peirano, Anna Veiga, Fernando Savater, Lluís Montoliú, Óscar Horta, Jorge Mira, Fernando Sánchez Dragó ou Aubrey De Grey.

Coas regueifas de Ciencia preténdese expor os argumentos das diferentes posturas arredor dun mesmo tema, traballando así a prol do coñecemento e por unha toma de decisións tanto individuais como colectivas máis informada. Nos últimos tempos rexurdiron con forza na sociedade debates xa tratados en edicións anteriores da iniciativa, como o uso das técnicas CRISPR, os transxénicos ou máis recentemente a posibilidade do cambio horario para España, que se debaterá na Unión Europea. Para os organizadores, visualizar os vídeos dos debates e o material publicado nas Canles do programa podería axudar a facerse cunha opinión sempre baseada en datos científicos.

Regueifiñas

Nesta edición de 2018, ademais de manter o formato e de volver organizar un dos debates con convidados internacionais, Regueifas de Ciencia amplíase coa convocatoria de Regueifiñas, dirixido a centros de ensino secundario, bacharelato e ciclos medios de formación profesional.

Regueifas de Ciencia é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e está financiada pola FECYT, a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, pertencente ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e conta nesta edición coa colaboración de Leonor Parcero &Co.

Universidade de Santiago de Compostela, 2018-09-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES