Archivo (9 del 2018)

Buscador

Noticias

A sexta edición do ciclo Cultura no Camiño conclúe esta fin de semana coas últimas 12 actuacións das 340 ofrecidas desde mediados do pasado mes de abril. A Xunta de Galicia organiza este programa escénico e musical a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia, co patrocinio de Gadis e en colaboración cos 103 concellos asociados este ano.
Talento Sénior vai impulsar o retorno de investigadores doutores e profesionais de alta cualificación con traxectorias consolidadas para que desenvolvan proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación en empresas, organismos de investigación non universitarios e centros tecnolóxicos. Trátase de estimular a demanda de profesionais de alta cualificación no sector público e no privado.
A nova edición do Galician Freaky Film Festival, que se celebrará do 25 ao 27 de outubro, comeza a súa conta atrás e, para quentar motores, o venres 28 haberá unha proxección especial cos seis mellores traballos da edición 0. O evento, que é de balde, terá lugar no local Brewing Records, na rúa Martín Códax 8, a partir das 22.00.
O Encontro, que terá lugar esta fin de semana en Santiago de Compostela organizado pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), ofrecerá charlas, unha mesa redonda, un obradoiro e dous eventos lúdicos arredor do mundo da ilustración. Todas estas actividades serán (salvo o obradoiro) gratuítas e abertas ao público xeral, e decorrerán na Unitaria e no Auditorio de Galicia.
O Galician Bizarre naceu hai unha década como un movemento que agrupaba bandas da escena underground galega, nas que as influencias musicais anglosaxonas máis variadas pasaban por un filtro do país. Ese espírito quedou plasmado en numerosos concertos e dous discos recopilatorios nos que apareceron grupos como Novedades Carminha, Terbutalina, Srasrsra, Fantasmage ou Telephones Rouges.
A USC mantense un ano máis no listado das mellores universidades do mundo que conforma o ránking Times Higher Education (THE) 2019, concretamente no intervalo 601-800 de entre preto de 1.300 institucións universitarias de todo o mundo. A ordenación das mellores universidades atende a cinco indicadores que se corresponden coas misións universitarias
Un total de 16 empresas galegas participan desde mañá en Sevilla na novena edición de BioSpain, considerada a quinta feira biotecnolóxica máis relevante a nivel mundial e a primeira de Europa con sede fixa nun país. Deste xeito, Galicia duplica a súa presenza con respecto ao anterior encontro, que tivo lugar en Bilbao en 2016.
A Obra Social de ABANCA presenta a segunda edición de ACREATIVA, un proxecto que ten como obxectivo mostrar as novas tendencias e vangardas culturais a través de diferentes experiencias creativas. O foco centrarase na música como fío condutor pola súa ampla capacidade para ramificarse e influenciar noutras escenas, e as mulleres e o seu papel na industria musical terán un espazo relevante, xa que o 80% das actividades que se desenvolverán estarán protagonizadas por artistas femininas.
2100 alumnos e alumnas dos centros plurilingües de Galicia poderán acreditar o seu nivel en lingua inglesa de acordo cos niveis B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Trátase da segunda vez que a Consellería habilita este procedemento para que os estudantes que cursan os seus estudos nos centros da Rede de Centros Plurilingües teñan a posibilidade de acreditar o seu nivel neste idioma.
A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), organiza no mes de outubro as xornadas formativas 'Non tolees coa wifi', que se levarán a cabo presencialmente nas aulas CeMIT de Marín, Oroso, Celanova e Sarria e poderanse seguir a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de Galicia.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (154)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES