
ACREATIVA 2018 organizouse en tres apartados ou «cápsulas» diferentes: Acreativa Talks, onde as entrevistas, charlas e mesas redondas se funden coa música en directo; Acreativa Live, un espazo para presentacións e actuacións musicais que reflictan as tendencias da actualidade; e Acreativa Screen, un punto de encontro entre a música e o audiovisual.
As actividades comezarán o vindeiro 17 de outubro co I Encontro da Asociación de Mulleres da Industria da Música (MIM) en Galicia e prolongaranse ata o 20 de novembro co concerto da londiniense Ala.Nin. Artistas destacadas do panorama nacional e internacional como Soleá Morente, Javiera Mena, Carmen Boza, Marem Ladson, Arias & Alfaro ou Madison McFerrin pasarán tamén pola Sede Afundación da Coruña para participar neste proxecto.
ACREATIVA LIVE: «MARIDAXES»
Javiera Mena, Carmen Boza e Marem Ladson, nomes propios dentro da escena independente, presentarán os seus novos traballos en exclusiva dentro de ACREATIVA. As tres artistas protagonizarán «Maridaxes», un formato de cata-encontro dirixido pola catadora galega Cristina V. Miranda, coa colaboración das adegas González Byass, Pernod Ricard e Martín Codax. Posteriormente cada artista ofrecerá un concerto coa banda completa. As catas comezarán no hall ás 20.30 h e os concertos ás 22.00 h no Auditorio. As entradas xa se poden adquirir na web Ataquilla.com.
Carmen Boza actuará en ACREATIVA o 18 de outubro. A gaditana, que está presente en todos os medios tras a saída de La caja negra, está considerada pola crítica especializada como «un portento da guitarra, de carácter irresistible que transmite de maneira contundente nun álbum copado de riffs e melodías que che capturan e que dan soporte a textos escuros e introspectivos, onde o oínte atento é testemuña do tránsito da artista millenial polas complexidades da vida actual».
O 19 de outubro Marem Ladson presentará o seu primeiro disco no marco de Acreativa Live. Considerada como a rookie do ano, a galega de pai neoiorquino de só 19 anos está en todas as quinielas para ser un dos discos nacionais máis destacados de 2019. «Nada na vida de Marem Ladson resulta moi normal asegura quen a coñece. O seu precoz talento, a súa seguridade sobre o escenario, a madurez coa que controla cada aspecto da súa carreira sorprenden inmediatamente. Esa promesa faise realidade no seu disco de debut homónimo. Composto por once cancións entre o pop, o rock e o folk, soa inquieto, ambicioso, especial. Temas que falan de autoafirmación, do paso á vida adulta e de ser unha muller adolescente. Estamos ante un diamante en bruto e por tanto, ante unha oportunidade única de ver como se pule».
A última protagonista de «Maridaxes» é Javiera Mena, que estará en ACREATIVA o vindeiro 20 de outubro. Revolucionaria e transgresora tanto no seu son como na nova estética que ofrece, a cantante, compositora e produtora chilena foi consolidando unha carreira sen límites espazo-temporais. Con premios e nomeamentos internacionais como a un Grammy Latino con Otra Era, desde o seu debut con Esquemas juveniles en 2006, publicou catro álbums que a crítica e os melómanos definen como «xoias imprescindibles do electro pop». Tras Esquemas juveniles, Javiera Mena converteuse nun nome imprescindible en festivais e clubs de España, México, Estados Unidos e do seu Chile natal.
Convertida en artista de culto, Javiera Mena publica en 2013 Primeiras composicións 2000-2003, un disco no que se recuperan cancións dos seus comezos, repletas de calidez e espontaneidade. O seu cuarto álbum chegou en 2014 Outra Era e en 2017 regresou co single «Dentro de ti», que estará incluído no seu vindeiro disco, que se publicará en 2018 e que o público poderá descubrir en exclusiva en ACREATIVA.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.