
Doutra banda, durante a proxección especial tamén haberá un sorteo de camisetas do Galician Freaky Film Festival.
Ademais das pezas audiovisuais, daranse a coñecer outros dos proxectos nos que está a traballar Reencanto Produccións como Mostra do Posible, un encontro que se fai en Cangas do Morrazo o 6 e o 7 de outubro onde se dan cita diferentes entidades de economÃa solidaria e movementos sociais e o Primavera do Cine, o festival de cine de Vigo que celebrará a súa oitava edición o próximo ano.
Deste xeito, Reencanto Produccións busca achegar o cinema a todos os veciños da cidade e continuar cuns dos seus obxectivos principais: facer certames máis colaborativos e abertos.
Un total de 596 centros de Primaria e Secundaria de toda Galicia van participar o vindeiro curso no programa de ensino hÃbrido E-Dixgal. A ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP incorpora á iniciativa, a petición dos centros, dous colexios e deciden saÃr outros tres, de xeito voluntario. En concreto, os centros de nova incorporación son os colexios CEIP de Castrelo de Miño (Castrelo de Miño, Ourense) e o CEIP de Valeixe (A Caniza, Pontevedra). No que atinxe ás renuncias, son as do CEIP de Zalaeta (A Coruña), CEIP PenÃnsula da Paz (Cervo) e a do Instituto Martaguisela (O Barco).
Durante seis dÃas do mes de setembro, a cidade de Vigo acollerá un ciclo de concertos único que reunirá diferentes xeracións, estilos musicais e públicos nunha contorna privilexiada: o peirao de transatlánticos do Porto de Vigo, un espazo aberto ao Atlántico e situado en pleno corazón da rÃa de Vigo. Son e Mar combina música, identidade cultural e experiencia colectiva nunha programación pensada para todos os públicos. Ao longo do ciclo, preto de 50 artistas pasarán polo escenario principal e espérase unha asistencia superior ás 35.000 persoas entre todos os eventos programados.