
O vicepresidente da Deputación de Ourense dixo que esta tradicional celebración "arraigada no calendario festivo da nosa provincia, recrea desde o ano 1840 no Concello de Rairiz de Veiga, o combate entre mouros e cristiáns, no que os veciños do municipio, ataviados cos traxes daquela época, representan este feito que atrae a numerosos visitantes tódolos anos". Asà mesmo, Rosendo Fernández lembrou que se trata dun evento declarado "Festa de Interese TurÃstico" pola Xunta de Galicia, no ano 2000".
A alcaldesa de Rairiz de Veiga, quen explicou o programa de actividades previsto para eses dÃas, dixo que este ano a RomarÃa "chega a súa 175ª edición, pois leva a celebrarse desde o ano 1840, e só se suspendeu durante os tres anos da Guerra Civil". Asà mesmo, Josefa Asunción Morgade lembrou que se estima que pasan por esta tradicional celebración máis de 20.000 persoas.
Programación
O programa de actividades dará comezo o dÃa 21 de setembro, ás 13.00 horas, coa descarga de bombas de palenque para continuar, ás 17.00 horas, cos xogos populares no campo da festa, coa representación do combate de mouros e cristiáns con monicreques. Ãs 18.30 horas será a quenda para o teatro amenizado polos nenos do municipio representando a obra "Pin-Pon" e, de seguido, ás 19.30 horas, serán as mulleres do concello as protagonistas da obra de teatro "Rúa da tranquilidade". Ãs 21.00 horas será o espectáculo de humor e maxia internacional e, desde ás 23.30 horas, haberá actuacións musicais.
Ao dÃa seguinte, o sábado 22 de setembro, ás 12.30 horas será a III quedade de músicos tradicionais da RomarÃa da SaÃnza 2018 no campo da festa. Pola tarde, ás 18.00 horas será a VII edición de "O meu primeiro combate de mouros e cristiáns" no campo do castelo. Ãs 19.30 horas, será a procesión ca Nosa Señora da Mercé desde a Capela da SaÃnza ata a Igrexa de San Xoán de Rairiz de Veiga. Ãs 22.00 horas chegará a música á festa e ás 23.45 horas será o asalto ao Castelo por parte dos mouros, para continuar ás 00.30 horas, cos fogos de artificio no Castelo e con actuacións musicais.
O último dÃa da RomarÃa, o 23 de setembro, comezará ás 11.00 horas coa descarga de bombas de palenque e, ás 12.00 horas, será o pasarrúas a cargo da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, seguida dos actos relixiosos. Ãs 13.00 horas, celebrarase o tradicional combate de mouros e cristiáns no campo do castelo e, posteriormente, volverá a música a ser a protagonista.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.