Archivo (7 del 2018)

Buscador

Noticias

Case setenta concellos teñen proxeccións cinematográficas este verán nas súas programacións a través do circuíto cultural da Deputación da Coruña. O programa Visións da Rede Cultural leva un amplo abano de películas en 66 proxeccións ata fin de agosto. Parques, prazas ou xardíns de maneira especial convértense neste verán en salas abertas de proxeccións para o programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan desde finais de xullo ata setembro un total de 30 xornadas sobre robótica, pilotaxe de drons e creación de personaxes para videoxogos enmarcadas no programa “Tech Kids” para fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre a mocidade galega.
Unha trampa natural visitada esporadicamente por neandertais hai uns 110.000 anos nunha canteira de calcaria de Becerreá (Lugo) podería ter xerado o depósito arqueolóxico no que un equipo do GEPN-AAT (Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste. Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio) da USC e do IPHES (Institut Catalá de Paleoecologia Humana i Evolució Social) rexistrou ata 1.400 restos fósiles de fauna pertencentes a 40 especies distintas.
A Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) inicia mañá a nova programación para o segundo semestre do ano con dous concertos de verán, que terán lugar na sala A Ventana de Laxe, onde actuará o grupo feminino Ejazz ás 23,30 h., e no Náutico do Grove, no que soará a homenaxe ao rock hispano dos anos 60 a cargo de Los Mecánicos a partir da medianoite. Ambas citas, programadas en locais a carón da praia como parte da oferta cultural galega.
A obra 'A vida salvaxe', de Gonzalo Hermo, é a gañadora da décimo sexta edición do Premio de Poesía Afundación, un certame que veñen convocando Afundación, o Centro PEN Galicia e a Consellería de Cultura e Educación co obxectivo de favorecer a creación literaria en galego. Licenciado en Filoloxía Galega e doutor en Lingüística pola Universidade de Santiago de Compostela, Gonzalo Hermo é autor dos poemarios 'Crac' e 'Celebración', polo que foi recoñecido co Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández no ano 2015 e co Premio da Crítica de poesía galega en 2014.
Son 94 imaxes que recollen outras tantas instantáneas do ceo nocturno da man “dun grupo de soñadores que, sendo sensibles ao instinto ancestral de mirarmos cara ao ceo, se lanzaron á procura da noite a rescatar ese tesouro apagado polo malgasto de luz artificial”. Salvador Bará Viñas e Jorge Mira Pérez, profesores do Departamento de Física Aplicada da USC e coordinadores do libro, presentan nestas liñas aos nove fotógrafos e fotógrafas que achegan o seu punto de vista nesta obra editada pola USC.
Santiago de Compostela acollerá a celebración da Gala Showcooking De tapas por Galicia, na que se elixirá ao mellor cociñeiro de petiscos 2018, de entre os representantes das sete grandes cidades galegas que foron gañadores dos concursos locais de minipratos que se celebraron durante o pasado ano.
Nas dúas últimas décadas a xeografía rural tratou a cuestión da sostibilidade como unha preocupación central. Non obstante, os múltiples debates que se teñen dado entre o persoal estudoso deste asunto subliñaron diversas contradicións e desencontros sobre a complicada transición dos sistemas rurais cara a esa sostibilidade.
A festa popular "Laroucofest" 2018 do concello de Baltar céntrase nesta cuarta edición en pór en valor a riqueza do noso medio ambiente e na defensa das tradicións do rural. A celebración, que terá lugar os días 27 e 28 de xullo, desenvolverá un programa con actividades lúdicas, deportivas e musicais, que teñen á mocidade como protagonista. A presentación tivo lugar hoxe no Pazo Provincial da Deputación de Ourense.
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA) desenvolve por quinto ano consecutivo o programa de divulgación astronómica TodoCosmos, que tenta levar esta ciencia a todos os lugares e sectores da poboación galega. A iniciativa conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, que recentemente a recoñeceu como práctica Innovadora en Cultura Científica.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (130)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES