Notas de prensa

TodoCosmos, divulgando astronomía por máis dunha vintena de concellos galegos

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA) desenvolve por quinto ano consecutivo o programa de divulgación astronómica TodoCosmos, que tenta levar esta ciencia a todos os lugares e sectores da poboación galega. A iniciativa conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, que recentemente a recoñeceu como práctica Innovadora en Cultura Científica.

Aínda que se desenvolve ao longo de todo ano, no verán concentra boa parte das súas propostas. Dende sesións de observación nocturna a visitas didácticas ao Observatorio, pasando por obradoiros ou charlas, que nesta edición se van diversificar en máis dunha vintena de concellos galegos con actuacións en paseos marítimos e fluviais, cimas emblemáticas, prazas e rúas, praias ou parroquias.

O equipo de TodoCosmos confórmano José Ãngel Docobo Durántez, Pedro Pablo Campo Díaz, María Brea Mato, José Ramón González Romay e Jorge Gómez Crespo.

O programa xa comezou en xuño con actividades en Pontevedra, Santiago e Lalín, como explicou esta mañá en rolda de prensa o director do OARMA, José Ãngel Docobo. Sen estar pechada a axenda definitiva, e a maiores dun cursiño en Sanxenxo a finais de agosto, están previstas as seguintes sesións de observación nocturna:

Mes de Xullo

Bertamiráns (Praza Chavián), 12 de xullo ás 22:45
Noia, 17 de xullo ás 22:30
Barbadás, 18 de xullo ás 22:30
Lousame, 19 de xullo ás 22:30.
Porto do Son, 19 de xullo ás 22:30.
Rianxo, 20 de xullo ás 22:30.
Boqueixón, 27 de xullo ás 22:00
Sanxenxo, 27 de xullo ás 22:30.

Mes de agosto

Padrón, 1 de agosto ás 22:30.
Ribadeo, 3 de agosto ás 22:30.
Allariz, 5 de agosto ás 22:30.
Rianxo, 10 de agosto ás 22:30.
Santiago (Observatorio Astronómico, coa Cruz Vermella), 13 de agosto ás 22:00
O Grove, 14 de agosto ás 22:00.
Allariz, 15 de agosto ás 22:00.
Ribadeo, 16 de agosto ás 22:00.
Porto do Son, 16 de agosto ás 22:00.
Sanxenxo, 17 de agosto ás 22:30.
Padrón, 19 de agosto ás 22:00.
Porto do Son, 19 de agosto ás 22:00.
Noia, 20 de agosto ás 22:00.
Sanxenxo, 29 de agosto ás 22:00.

Universidade de Santiago de Compostela, 2018-07-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES