Archivo (5 del 2017)

Buscador

Noticias

O Día de Europa celébrase xa desde hai máis de dúas décadas para homenaxear a Jean Monnet e a Robert Schuman, os cales o 9 de maio de 1950 lanzaron a idea de integrar a todas as nacións europeas para poder desterrar para sempre a guerra deste continente. Este acto considérase orixe e semente da creación da actual Unión Europea (UE).
O premio do público, un galardón que non conta con dotación económica, pero que, do mesmo xeito que o premio outorgado polo xurado, si que permite a participación da curta seleccionada na fase de competición da próxima edición da Semana Internacional de Cine de Autor, foi para o equipo 7Sentidxs Films, coa curtametraxe Zombiraxe.
Turismo de Galicia participa ata o día 11 de maio nas xornadas de promoción que se desenvolven en Milán, Boloña e Padua. Turismo da Xunta fai fincapé na promoción do Camiño de Santiago e os produtos relacionados coa cultura, a natureza e a gastronomía. O número de viaxeiros italianos aloxados no primeiro trimestre deste ano medrou un 10,6% en relación ao ano anterior.
O Colexio de Fonseca acubilla do 8 de maio e ata o 30 de xuño a exposición ‘Ovidius vivit!: mitos, imaxes e libros’. Mostra a través das imaxes dos libros ilustrados a gran repercusión da obra mitolóxica do poeta romano Publio Ovidio Nasón, de cuxa morte se celebra este ano o bimilenario. ‘Ovidius vivit!’ é unha produción da Área de Cultura da USC en colaboración coa Xunta.
“Un destino tranquilo pensando para perdurar no tempo, co acento posto na sustentabilidade, ao que non lle dea vertixe ofrecer novos produtos turísticos e experiencias diferentes a outros lugares”, dixo o presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijóo, na presentación da Estratexia de Turismo de Galicia 2020.
Nestas xornadas "O patrimonio compartido? Colaboración aberta e institucións da memoria aborda algunhas das cuestións esenciais que esta modalidade de traballo voluntario, habitualmente gratuíto, masivo, comunitario e anónimo suscita para a xestión futura das nosas institucións e do patrimonio cultural que custodian.
A Sectorial TIC da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) reúnese na USC para celebrar a súa asemblea e unhas xornadas sobre a seguridade da información nas universidades. Este grupo específico de traballo da CRUE estuda as necesidades e aplicacións destas tecnoloxías na xestión, a docencia e a investigación na universidade.
Co gallo do Día da Liberdade de Expresión, a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC inaugura a aula adicada ao xornalista Nacho Mirás que durante varios anos impartiu docencia de Redacción nos estudos de Xornalismo, antes de falecer en 2015.
O secretario xeral de Política Lingüística presentou en rolda de prensa a nova edición desta actividade coa que o Centro de Educación Especial María Mariño e o Conservatorio Profesional de Música da Coruña homenaxean a Carlos Casares a través do Festival Arte pola Igualdade, un espectáculo para todos os públicos no Teatro Colón.
A feira, durante os días 10, 11 e 12 de maio, reúne na Cidade da Cultura a alumnado e profesorado de FP, e a empresarios e responsables de educación de varias comunidades e de fóra de España. 250 estudantes darán a coñecer os seus traballos a uns 7.000 alumnos e alumnas de centros de toda Galicia.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (145)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES