Notas de prensa

O Teatro Colón acolle o VI Festival Arte pola Igualdade nas Letras Galegas

O secretario xeral de Política Lingüística presentou en rolda de prensa a nova edición desta actividade coa que o Centro de Educación Especial María Mariño e o Conservatorio Profesional de Música da Coruña homenaxean a Carlos Casares a través do Festival Arte pola Igualdade, un espectáculo para todos os públicos no Teatro Colón.

O coruñés Teatro Colón acolle o xoves, 04 de maio, a nova edición do Festival Arte pola Igualdade, un espectáculo escolar co que o alumnado e o profesorado do Centro de Educación Especial (CEE) María Mariño e o Conservatorio de Música da Coruña (CMUS) -baixo a coordinación dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)- emprazan a toda a cidadanía a festexar as Letras Galegas 2017 cunha homenaxe moi especial ao autor elixido pola Real Academia Galega, Carlos Casares.

Así o anunciou en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen valorou especialmente “este proxecto como proba de que a discapacidade física ou psíquica non son barreira ningunha á hora de desenvolver o potencial creativo e a sensibilidade artística do alumnado” e animou “a toda cidadanía a desfrutar desta interesante contribución á celebración do 17 de maio do CEE María Mariño e do CMUS no marco da programación institucional de actividades da Xunta de Galicia”.

García Gómez estivo acompañado do xefe territorial da Consellería de Cultura e Educación, Indalecio Cabana; e mais polos dous directores dos centros promotores da iniciativa, María Luz Barreiro e Jesús López, do CEE María Mariño e do CMUS, respectivamente.

VI Festival Arte pola Igualdade

O CEE María Mariño e o CMUS da Coruña celebran, por sexto ano consecutivo, as Letras Galegas a través do Festival Arte pola Igualdade, un espectáculo para todos os públicos que terá como protagonista e anfitrión o seu alumnado e que se poderá gozar mañá á tardiña no Teatro Colón da Coruña.

O cartel do festival inclúe un recitado de poemas do autor ourensán ao que a Real Academia Galega lle dedica este ano o 17 de maio, a representación da peza ‘Un polbo xigante’ – da man de alumnado do CEE María Mariño e do CEIP Eusebio da Guarda- inspirada na obra homónima de Casares e un pequeno concerto da Orquestra Sinfónica do CMUS que interpretará, entroutras composicións, temas do folclore tradicional galego.
O festival conta tamén coa colaboración do CIFP de Leixa de Ferrol (cartelaría), do IES Imaxe e Son da Coruña (gravación) e do CIFP Someso (maquillaxe e peiteado). A entrada é de balde ata completar a capacidade do teatro e poderase retirar previamente no despacho de billetes.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-05-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (lugopoetica-2026.jpg) O proxecto Lugopoética dá un novo paso na difusión da poesía galega coa publicación do libro Lugopoética 2026, unha obra que recolle a creación e as reflexións de doce poetas participantes na terceira edición deste ciclo literario, desenvolvido na sede da UNED de Lugo durante o primeiro semestre do ano. A publicación reúne os contidos dun programa que busca achegar a poesía á cidadanía, favorecer o encontro entre autores e lectores e contribuír á difusión da literatura en lingua galega. A iniciativa consolídase así como un espazo de diálogo arredor da palabra poética, no que conviven traxectorias consolidadas e novas voces da creación literaria.
Foto de la tercera plana (industria.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Innovación Empresarial, 'con horizonte 2028 e dotada de máis de 400 millóns de euros'. O obxectivo é apoiar ao tecido produtivo para que 'a innovación forme cada día máis parte das empresas', algo fundamental para 'ser máis competitivos e non quedar atrás' nun mundo cada vez máis global e tecnolóxico. Baixo o nome Galicia, fábrica de Innovación, a nosa Comunidade contará por primeira vez cunha estratexia específica para a innovación, un conxunto de medidas cun marco común para coordinar e reforzar os instrumentos de apoio existentes e incorporar outros cunha prioridade: industrializar a innovación.

Notas

A Conferencia internacional de investigación en linguas celebrou o ano pasado a súa primeira edición, un evento que marcou o fito inaugural do Instituto de Investigación iLingua. O simposio nacía con vocación de continuidade e así será, porque en novembro terá lugar a segunda edición. O programa do CIIL26 incluirá, ademais de conferencias plenarias convidadas, comunicacións presentacións e exposicións de pósteres.
Quince centros educativos galegos participarán no VII programa Talentos Inclusivos do CITIC, tal e como se recolle na resolución publicada pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Dez centros da provincia da Coruña, dous de Lugo, un de Ourense e dous de Pontevedra súmanse a esta iniciativa, orientada ao desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que contribúan a mellorar a autonomía e a calidade de vida das persoas con discapacidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES