
Os membros desta comisión sectorial, na súa maiorÃa responsables TIC das universidades españolas, participaron na Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa na súa asemblea, á que asisten o reitor compostelán, Juan Viaño, e o presidente da propia comisión, o reitor da Universidade de Xaén, Juan Gómez Ortega, ademais do secretario xeral de Universidades, José Alberto DÃez de Castro, e do director da ETSE, Antonio Mosquera.
Na inauguración desta asemblea, o reitor compostelán apuntou a xestión da seguridade informática e as súas implicacións como temas que preocupan non só pola presión normativa senón porque afectan á intimidade de persoas e institucións. De aà que Viaño valorase a idoneidade deste encontro por permitir contrastar experiencias, comprobar as necesidades funcionais e buscar as mellores solucións para toda a comunidade universitaria.
As TIC nas universidades
A Comisión Sectorial de TIC da CRUE xestouse a finais de 2003 co nacemento dun grupo de traballo no seno da CRUE preocupado e sensibilizado sobre o papel que estas tecnoloxÃas estaban xa desempeñando nas universidades. Xa en 2007 se creou finalmente esta comisión, encargada de elaborar e publicar o informe anual UNIVERSITIC de análise das TIC nas universidades españolas.
Este documento, que xa vai polos 11 volumes, recolle, mediante a evolución dun conxunto de indicadores cuantitativos, o estado detallado do Sistema Universitario Español en relación coas TIC e ten como obxectivo a análise e planificación estratéxica das universidades españolas.
O último UNIVERSITIC, correspondente a 2016, corrobora a aposta das universidades polas TI como soporte e apoio da docencia. “A docencia virtual, a xestión de licencias software para docencia e o soporte a aulas de informática de uso docente están implantados practicamente en todas as universidades”.
Outros indicadores mostran que a práctica totalidade do profesorado e dos estudantes utilizan a plataforma de docencia virtual institucional e que as universidades teñen implantados case o 60% dos elementos propios da administración electrónica.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Asà o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos paÃses e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.