Buscador
Noticias
O galardón, outorgado pola Sociedade Española de Informática da Saúde, destaca a implantación e o uso das tecnoloxías da información e a comunicación no ámbito sanitario por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Representantes do proxecto A Alma da Artesanía da Mariña Lucense levan tamén estes resultados á feira do turismo de Madrid, Fitur, entre os que figura a creación de obradoiros de artesanía con grupos de traballo prácticos para os turistas e visitantes á zona.
Para converter ao sector primario en modelo de calidade, mellorar a comercialización e apostar pola internacionalización, o presidente da Xunta anima aos produtores a buscar sempre a marca e apoiarse nas denominacións de orixe.
O Plan de Ordenación do Litoral recibe das Nacións Unidas a cualificación de boa práctical ambiental. Esta distinción implica a inclusión do Plan do Litoral no Noveno Catálogo Español de Boas Prácticas Prácticas que realiza o Ministerio de Fomento.
Coa concentración nun mesmo contrato dos gastos da Amtega, do Centro de Proceso de Datos Integral, da Agadic e da Fundación Cidade da Cultura conséguese acceder a tarifas moi vantaxosas, debido a que coa compra dun maior volume os prezos son máis baixos.
O testamento de Pardo de Cela achado ofrece novos datos sobre unha personaxe esencial da Historia de Galicia, da que actualmente existe unha visión entre o mito e a realidade da que foi a personalidade do mariscal Pardo de Cela.
Na Casa de Cultura de Begonte están expostas as obras presentadas á XXIII
edición do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, convocado polo
Centro Cultural do mesmo nome, impulsor do Belén Electrónico e de O Nadal
en Begonte.
Economía e Industria apoia a presenza de tres obradoiros artesáns na feira profesional Maison & Objet, unha das máis importantes de Europa. Cestería Contemporánea, Regal Cerámica e o taller de coiro Santín participan neste encontro de París.
Gómez Besteiro pediu no Parlamento a activación urxente da Comisión de Demografía, que recolla unha aportación de todos os grupos políticos e administracions, para paliar a enfermidade máis grave e silenciosa que ten Galicia. Emprego e Benestar Social son as máximas prioridades do Presuposto da Deputación.
O PPdeG di que coas contas do ente estase a conseguir unha televisión con estabilidade económica, cun custo social razoable, fixado en 34 euros por habitante ao ano; e baixo parámetros de eficacia e eficiencia. O BNG di que non se respeta o pluralismo político e AGE critica o uso da lingua.