Estas obras estiveron expostas na sala de arte do edificio da Xunta de Galicia en Lugo, desde o 28 do pasado decembre ata o 15 de xaneiro.
Desde o 16 de xaneiro ao remate da campaña do Nadal, na Casa de Cultura de Begonte, no seu horario de apertura de 17,15 a 20,00 h.
O Premio deste Certame, dotado con 1.500 e estatuíña de Saargadelos foi
para a lucense NOA PERSÁN, pola sua obra IMPRONTAS ATEMPORAIS. E
concedéronse cadansúa Mención de Honra, dotada con estatuíña de Sargadelos para FRANCISCO MACEIRA RODRÍGUEZ, pola obra SADA DENDE O OUROVELLO; JOSÉ MANUEL PEÑA ROMAY, por PORTO DEPORTIVO O PARROTE e CARMEN LOLO POMBO, pola obra CATEDRAL DE LUGO.
Os premios serán entregados o 26 de xaneiro, sábado, no decurso dos actos de clausura da XLI edición de O NADAL EN BEGONTE.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.