Notas de prensa

Nacións Unidas concede a cualificación de boa práctica ambiental ao Plan do Litoral

O Plan de Ordenación do Litoral recibe das Nacións Unidas a cualificación de boa práctical ambiental. Esta distinción implica a inclusión do Plan do Litoral no ‘Noveno Catálogo Español de Boas Prácticas Prácticas’ que realiza o Ministerio de Fomento.

As Nacións Unidas veñen de conceder ao Plan de Ordenación do Litoral (POL), un proxecto da Consellería de Medio Ambiente, a cualificación de boa práctica ambiental.

As Nacións Unidas celebran cada ano o concurso Internacional UN-HABITAT que avalía os proxectos de prácticas ambientais, enviados polos gobernos de cada país ou por Organizacións non Gubernamentais, nunha convocatoria que estudia ditos proxectos baixo a prisma da sostibilidade e o impacto ambiental.

Á presente edición do concurso, celebrada en Dubai, o Goberno de España presentou, entre outros proxectos o Plan de Ordenación do Litoral da Xunta de Galicia. Tras a análise e avaliación realizada por expertos internacionais, o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia, obtivo a cualificación de boa práctica ambiental.

O Xurado outorga diferentes valoracións ás iniciativas presentadas dacordo, entre outros, cos seguintes criterios: impacto, desmostrando melloras tanxibles nas condicións de vida das persoas; asociación entre diversos estamentos públicos e/ou privados; sostibilidade; innovación; transferencia, demostrando que o producto final é froito do intercambio de ideas, e a participación, como parte dun proceso continuo de aprendizaxe.

Unha das principais virtudes deste logro radica en que o concurso anual estudia maiormente actuacións concretas e tanxibles, e rara vez otorga cualificación a planes ou marcos de actuación dos cales o impacto ainda é difícil de coñecer. Nembargantes, o caso do POL galego, a pesares de ter una vixencia aínda curta na súa aplicación, xa foi asumido como “Boa práctica” no concurso.

O POL é un instrumento de planificación territorial que establece as normas xerais para a perdurabilidade, sostibilidade, conservación, protección e posta en valor das zonas costeiras e a ordenación urbanística da zona litoral de Galicia nun contexto de respecto cultural e solidariedade territorial.

Para a súa redacción abordouse unha inxente tarefa de análise e diagnóstico nun proceso de recoñecemento exhaustivo da complexa realidade territorial do litoral de Galicia dende un proxecto colectivo, froito da participación cidadá, a motivación, e a transparencia. O obxectivo era elaborar, dende a participación e a divulgación, un plan de todos para todos.
Algunhas cifras que poden dar idea do proceso participativo que foi tan positivamente valorado pola ONU son os máis de seis millóns e medio de accesos á web da Xunta onde figuraba a proposta, as 1.135 aportacións concretas da cidadanía, 31 xuntanzas con institucións e axentes sociais e 80 sesións de divulgación.

Con anterioridade a esta clasificación das Nacións Unidas, o Plan de Ordenación do Litoral xa conseguíu ser cualificado como boa práctica polo Ministerio de Fomento e por ECOURBANO, a Rede de Desenvolvemento Local Sostible do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino, na que se difunden experiencias, instrumentos e metodoloxías en materia de sostibilidade, para seren compartidos polos axentes no territorio.

Ademais, esta cualificación conseguida polo proxecto galego nas Nacións Unidas, implica a inclusión do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia no Noveno Catálogo Español de Boas Prácticas que realiza o Ministerio de Fomento e se incorporará á bliblioteca de Ciudades para un Futuro máis Sostenible de ámbito nacional.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-01-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES