Archivo (7 del 2010)

Buscador

Noticias

Os monitores da campaña terán unha presenza directa durante os próximos meses nas noites de moitas festas de Galicia. Levaranse a cabo obradoiros de seguridade e educación viaria nos campamentos xuvenís de verán dirixidos aos participantes de 15,16 e 17 anos.
O Museo das Peregrinacións acolle a exposición Os camiños de Santiago no Camiño de Santiago que recolle as imaxes de Gabriel Díaz tomadas ao longo de 5.000 quilómetros das principais Rutas Xacobeas a través das experiencias dos numerosos peregrinos.
O novo Observatorio de Turismo, que recompila datos do sector dende o ano 1999, cubre todas as parcelas de información turística, tanto dende o punto de vista da oferta como da demanda e constitúe a plataforma de referencia na obtención e elaboración de coñecemento de Galicia.
A titular da área da Xunta explicou que o Goberno galego impulsa o programa empresa-concepto para a análise e asesoramento de cara á materialización de proxectos nacidos no ámbito universitario.
As cifras supoñen un claro éxito do concurso eólico, posto que case multiplican por 7 a oferta de MW recollida na orde eólica, e porque se recollen nun contexto marcado pola indefinición do modelo retributivo por parte do Goberno central. As 81 solicitudes suman unha potencia de case 15.000 MW.
Calificado como “unha cita moi arraigada, unha tradición importante con proxección en toda Galicia” polo xefe territorial de Cultura e Turismo en Lugo, o Festival de Pardiñas celébrase en Guitiriz os días 7 e 8 de agosto co apoio do Xacobeo.
Durante a elección do novo presidente do Consello Galego de Cámaras, o conselleiro de Economía e Industria dixo que estas organizacións empresariais “son aliadas necesarias para a recuperación económica de Galicia”.
Cultura e Turismo adquiriu máis de 1.000 exemplares de Follas Novas e En las orillas del Sar por importe de 17.640 euros para ser repartidos entre os escolares que visiten a Casa da Matanza co obxectivo de que non se esqueza a figura de Rosalía de Castro tan arraigada na identidade cultural galega.
A cantante galega Uxía Senlle ofrece o mércores 14 de xullo un concerto en Lugo dentro da cuarta edición do ciclo Entre Lusco e Fusco, organizado ao amparo do convenio Lugo Cultural, e baixo o título Vintecinco anos con Uxía. O vigués Iván Ferreiro presenta o 21 de xullo Picnic Extraterrestre.
Arranca unha campaña divulgativa orientada a informar e sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da doazón nestas datas. As dez unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia percorrerán máis de 240 concellos entre xuño e setembro coa campaña Verán 2010.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2026 (148)

2025 (339)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES