
A cantante galega UxÃa Senlle ofrece o mércores 14 de xullo un concerto en Lugo dentro da cuarta edición do ciclo ‘Entre Lusco e FuscoÂ’ organizado ao amparo do convenio Lugo Cultural. A actuación comezará ás 21:00 horas no anfiteatro do Parque RosalÃa de Castro, xa que un dos obxectivos deste programa musical é promover a recuperación de zonas naturais como espazos escénicos. En caso de choiva, o recital celebrarase no Auditorio Gustavo Freire.
Baixo o tÃtulo Vintecinco anos con UxÃa, a intérprete de Mos presenta na capital luguesa os temas do seu proxecto máis Ãntimo e persoal, UxÃa TrÃo, no que conta co acompañamento musical das guitarras de Sergio Tannus e Alejandro Luzardo.
No concerto escoitaranse tamén versións dos temas máis representativos dos seus vintecinco anos de carreira xunto a algunhas sorpresas e novidades. UxÃa sempre se caracterizou por reivindicar a proximidade co público con concertos nos que cantar ao oÃdo da xente e facer que participe e respire con ela as súas melodÃas e letras favoritas.
Iván Ferreiro
O vigués Iván Ferreiro, que formara parte do grupo Los Piratas, tomará o relevo o mércores 21. Presentará o seu terceiro disco en solitario, Picnic Extraterrestre, unha obra penetrante e dominada pola intensidade emocional e os climas musicais á que sobrevoa unha certa sensación de catarse.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.