Notas de prensa

Preséntase en Compostela o Observatorio do Turismo

O novo Observatorio de Turismo, que recompila datos do sector dende o ano 1999, cubre todas as parcelas de información turística, tanto dende o punto de vista da oferta como da demanda e constitúe a plataforma de referencia na obtención e elaboración de coñecemento de Galicia.

A secretaría xeral para o Turismo, Carmen Pardo, presentou en Santiago de Compostela o Observatorio do Turismo de Galicia, nun acto no que estivo acompañada polo director do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia, José Paz Gestoso.

O Observatorio é, en palabras da secretaria xeral, “o punto de partida dun sistema de información que se irá alimentando de forma continuada e que parte de diferentes fontes de información estatística”. O observatorio “vén a colmar as necesidades dun sector que supón para a nosa comunidade ao redor do 11% do PIB”, recalcou Carmen Pardo, quen engadiu que o observatorio “constitúe unha plataforma de referencia na elaboración na obtención e elaboración do coñecemento turístico na nosa comunidade”.

O Observatorio, que agrupa información xerada a nivel interno, ao tempo que engloba tamén outras fontes de carácter secundario, cubre todas as parcelas de información turística, tanto dende o punto de vista da oferta como da demanda. Así, “non só ofrece datos estatísticos, senón unha análise dos mesmos, xerando un valor engadido ao sistema turístico”, agregou a secretaria.

A páxina web do Instituto de Estudios Turísticos de Galicia (www.ietgalicia.com), que inclúe un apartado específico dirixido ao Observatorio, cuxa estrutura de funcionamento foi explicada polo director do Instituto de Estudios Turísticos de Galicia, José Paz Gestoso. A web está deseñada tamén como unha plataforma de difusión e divulgación dese coñecemento, a través do cal se poida obter, medir, analizar e divulgar a estrutura e dinámica do turismo, “non só como actividade económica, senón tamén como eixo estratéxico de desenvolvemento territorial”, especificou Pardo López.

O Observatorio aséntase sobre varios principios metodolóxicos: obxectividade, pragmatismo, complementariedade e optimización de recursos, continuidade e comparabilidade. Trátase, de dar resposta ás demandas do sector, tanto público como privado, “ofrecendo os inputs necesarios para a toma de decisións eficientes en materia de planificación e xestión turística” e de “establecer un mecanismo de análise e avaliación do sector, observando as dinámicas de comportamento e tendencias do mesmo no medio e longo prazo”, aseverou a secretaria xeral.

Liñas de acción

En canto á estrutura, o Observatorio, que recompila datos estatísticos dende o ano 1999, contempla diferentes áreas ou liñas de acción entre as que destaca unha análise da conxuntura turística de Galicia (a implantación experimental dun software en pequenos establecementos turísticos é un dos instrumentos máis novidosos en aras a mellorar a competitividade empresarial); un estudo da demanda turística en destino (fronte ás 2.500 enquisas que se realizaban durante os meses do verán pasase agora a elaborar un total de 10.000 enquisas que ofrecerán datos moito más amplos e rigorosos sobre a estrutura do perfil do turista).

Outra das liñas é unha análise do excursionismo procedente de Asturias, León, Zamora e Norte de Portugal, que agora pasa a ser mensual fronte ao carácter semestral que posuía antes.

Outras das áreas de acción son as referidas á análise de produtos e mercados turísticos, como os relativos a estudos sectoriais (turismo congresual,...), o estudo do movemento aeroportuario en Galicia; o Observatorio do Camiño de Santiago; o seguimento e a análise da información turística recollida nas Oficinas de Turismo, que contempla a formación do persoal e unha recompilación máis exhaustiva no tocante aos datos de perfís dos visitantes.

Por último a medición económica do turismo, con especial atención ao gasto turístico ou a formación ao sector contemplan a batería de actuacións que conforman un auténtico plan estatístico sectorial de turismo, do que se poderá beneficiar os axentes deste sector produtivo e a sociedade en xeral.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2010-07-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES